Toponimia Valadares

153 T O P Ó N I M O S primeiro dos exemplos que atopamos é un dos barrios de Valadares, coñecido como A Igrexa , que recibe o seu nome por ser o lugar onde se sitúa a igrexa parroquial, a igrexa de Santo André de Valadares . Se- gundo os datos que achega o Instituto Nacional de Estatística (INE), no ano 2016 o barrio da Igrexa contaba cunha poboación de 729 habitan- tes. Este núcleo da Igrexa foi historicamente o centro da parroquia e o seu nome orixinou un apelido toponímico da Igrexa ( Afonso da Eigreja , 1495; Juan da iglessia , 1646; Gregorio da Iglesia , 1646; Mar ía Antonia da Yglecia , Maria Antonia Iglesia , 1753). A actual Igrexa de Santo André de Valadares é unha construción de nave única, rectangular, cunha torre-campanario unida á fachada e un cemiterio que a rodea pola cabeceira. Na fachada principal contén o escudo de armas dos Sarmiento de Valadares, pois foi Diego Sarmiento, bispo e inquisidor xeral, quen sufragou os gastos da reedificación do templo. Segundo relata José Espinosa Rodríguez en Tierra de Fragoso, as obras comezaron no ano 1677, no mesmo lugar onde estivera a casa solar da estirpe do promotor. A antiga igrexa parroquial atopábase algo máis ao oeste da actual e conserva memoria da s úa localización o topónimo A Grisvella (= A Igrexa Vella ), na estrema do barrio da Igrexa co das Barrocas. Non quedan restos da vella construción na actualidade, mais si da reitoral, situada na mesma zona, onde tamén hai unha fonte chamada Fonte da Igrexa Vella . Desde este lugar ata a actual igrexa parroquial discorre o chamado Camiño da Igrexa . A forma simple A Igrexa convive tamén cunha variante popular A Igrés no nome duns campos de labor onda a estrada de San Xoán, xunto á capela. Illa — — As Illas (O Portal) — — O Cocho das Illas (O Portal) As Illas son unhas terras de matogueira ao noroeste do parque tec- nolóxico e loxístico, no barrio do Portal, na estrema coa parroquia de Beade. Na toponimia, o substantivo illa (< latín insulam ) adoita deno- minar unha porción de terra rodeada de auga, comunmente no mar; o mesmo termo latino insulam tamén deu en galego o resultado insua , usado para designar penínsulas ou tamén illas en cursos fluviais. Son

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==