Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 152 Horta — — A Horta das Canas (O Freixo) — — A Hortiña (O Freixo) — — A Hortiña de Paredes (As Barrocas) — — O Hortelano (A Garrida) Unha horta (< latín hortam , de hortus ‘terreo de cultivo pechado, cortiña’, ‘casa de campo’) é unha propiedade agrícola destinada ao cultivo de legumes e de hortalizas, principalmente verduras ou verzas, e entre elas de xeito maioritario as que no Catastro de Ensenada deno- minan en castelán coles gallegas , verdura gallega ou berza gallega . Independentemente de teren moitas casas a súa correspondente hor- ta, os sitios que aparecen nomeados con este substantivo na parroquia son A Horta das Canas (no barrio do Freixo, ao norte do Campo da Eira), xunto cun diminutivo A Hortiña , tamén no Freixo (zona de culti- vos xunto ao camiño da Pinguela, ao norte de Sueido , que se rexistra no Catastro de Ensenada como terras de hortaliza de primeira calidade). A Hortiña de Paredes , rexistrada con ese nome en 1753, designa unhas terras de labor no barrio das Barrocas, ao oeste dos Liñares. Un derivado O Hortelano denomina nalgunhas fontes cartográficas unha área de campos de labor e de vivendas xunto á estrada de Valada- res, entre A Lagoa e As Maquías, no barrio da Garrida. Non se rexistra na documentación histórica e interpretamos que contén un apelido de propietario, consolidado como topónimo en data relativamente recen- te. Hortelano é un apelido de orixe castelá. Igrexa — — A Igrexa (O Freixo) — — Camiño da Igrexa (A Igrexa) — — A Igrexa Vella / A Grisvella (As Barrocas) — — Fonte da Igrexa Vella (As Barrocas) — — Igrexa de Santo André de Valadares (A Igrexa) — — A Igrexa / A Igrés (O Freixo) O substantivo igrexa , descendente semiculto do latín ecclesiam ‘conxunto de fieis cristiáns e lugar onde celebran o seu culto’, aparece en varios topónimos de Valadares, sempre en relación coas diferentes construcións para o culto relixioso que hai e houbo na parroquia. O

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==