Toponimia Valadares

151 T O P Ó N I M O S Guisande — — As Pedras de Guisande (A Sobreira) O segundo elemento do composto As Pedras de Guisande (  Pe- dra ) é un apelido común na zona, rexistrado en Valadares desde hai séculos. Entre os propietarios de terras na parroquia en 1753, segundo consta no Catastro de Ensenada, cinco portaban ese apelido. É apelido toponímico, orixinario do lugar de Guisande, na fregues í a de Vincios, e o topónimo contén o resultado do xenitivo Wisandi dun nome persoal medieval de orixe xermánica Wisandus ou Visandus , formado sobre o gótico wisent ‘sabio’. Gurgullo — — Os Gurgulliños (As Barrocas) O substantivo común galego gurgullo pode designar tanto un insecto coleóptero de cor parda escura que vive nas sementes dalgúns cereais e legumes coma un lugar onde nace auga agurgullando , acepción máis probable para explicar o topónimo Os Gurgulliños , unha zona de ar- boredo e de mato no barrio das Barrocas, ao oeste das Cans, onde un manancial xustificaría o seu nome. Esta motivación resulta aínda máis verosímil se temos en conta a histórica importancia do aproveitamento das augas na parroquia, como testemuña o veciño topónimo As Cans, relativo a canalizacións. Os nomes da familia gurgullar son relativamente comúns na microto- ponimia en compostos e derivados como A Poza do Gurgullón , A Fon- te do Gurgullón etc., sempre relacionados coa auga. Non coñecemos atestacións deste topónimo de Valadares na documentación histórica. Nalgunhas fontes, esta área dos Gurgulliños aparece coa denomina- ción alternativa de Marica ou A de Marica , un topónimo de propietario. Hermida  Ermida Hermitoa  Mitón Hervillacosa  Ervellaca

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==