Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 150 Granxa — — A Granxa (As Barrocas) Granxa e graña eran na época medieval denominacións comúns en Galicia para os celeiros onde os mosteiros almacenaban o gran que percibían polas rendas das terras e, por extensión, para o edificio desde onde se administraban estas rendas e as propiedades situadas lonxe do mosteiro mesmo. Tanto granxa coma graña remontan ao latín graniam ou graneam , derivado de granum ‘gran, cereal’. A forma graña só pode ser medieval , pois despois deixou de usarse como nome común; a va- riante granxa viuse quizais favorecida polo francés medieval grange ‘ce - leiro’, ‘casa de campo, granxa’ (do latín granica ), difundida polas ordes relixiosas medievais. Na actualidade o termo granxa pasou a designar o lugar onde se crían animais para a súa explotación. É esta a motivación do topónimo A Granxa , hoxe nome dun campo de labor na área da Va- lada, no barrio das Barrocas. É topónimo de creación relativamente re- cente, por iso non se rexistra na documentación histórica da parroquia. A Grisvella  A Igrexa Vella Groño — — O Groño (As Barrocas) — — A Volta do Groño (As Barrocas) O topónimo O Groño designa un núcleo habitado a ambos os lados da estrada de Valadares, á altura da pronunciada curva coñecida como A Volta do Groño , onde estreman os barrios das Barrocas e da Garri- da. É unha área extensa, con algunha terra de cultivo entre vivendas e tamén amplas zonas de arboredo (  Cabaleiro ). No Catastro de Ense- nada describe terras de cultivo de regadío, alternando co plural ( Groño, Groños ). É un topónimo insólito, sen paralelos coñecidos na toponimia galega e de etimoloxía escura. A terminación - oño fai sospeitar unha orixe antiga, prerromana. Algúns autores supoñen unha voz celta gro - nio ‘vao, porto, paso’ para explicar o topónimo Logroño , que se rexistra en latín medieval no ano 1095 como illo Gronio . A mesma orixe etimo- lóxica podería explicar O Groño de Valadares como topónimo viario, pois designa a zona onde a estrada salva un pronunciado desnivel.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==