Toponimia Valadares

149 T O P Ó N I M O S Campoamor, ata chegar á estrema da parroquia de Beade. Do nome do barrio toman o seu os topónimos compostos A Fonte do Alto da Garrida (na estrada do Monte Alba, tamén chamada Fonte da Garrida , cun cano, unha pía e un lavadoiro con teito, cuxa auga procede das Eiras e do monte Cepudo) e Outide da Garrida , xunto á Devesa do Rei (  Outide ). O topónimo aparece atestado no Catastro de Ensenada nas formas Garrida , Garrida de Presa e Garrida das Viñas , e xa se daba conta neste catastro da existencia de varias casas terreñas na zona. A motivación do topónimo é un sobrenome ou un apelido de propietario, probable- mente un adxectivo feminino formado sobre un masculino ( A Garrida = ‘A de Garrido’), como ocorre con varios topónimos da parroquia do tipo A Simona ou A Gaspara . Gaspar, Baltasar — — A Gaspara (O Freixo) — — O Outeiro da Gaspara (O Freixo) — — A Baltasara (O Freixo) Outro exemplo de topónimo formado cun antropónimo feminino de propietaria ou ben coa forma adxectiva feminina do antropónimo mas- culino é A Gaspara , que nomea unha zona de arboredo, mato e cam- pos de labor no barrio do Freixo, ao sur dos Maruxentos. No suroeste da mesma área encóntrase o Outeiro da Gaspara (  Outeiro ), zona hoxe de arboredo. No Catastro de Ensenada transcríbese en ocasións coa forma masculina ( « al sitio de Gaspar » ), o que reforza a explicación do topónimo como A Gaspara = ‘A de Gaspar’. Gaspar é o nome con que se identifica tradicionalmente un dos tres Reis Magos. O seu uso como nome persoal en Galicia difundiuse a partir do século xvi . No vecindario de Valadares en 1753 vemos va- rios veciños con este nome. Tamén co de Baltasar , outro dos tres Reis Magos, que igualmente deixou pegada na toponimia de Valadares nun nome paralelo ao anterior, A Baltasara ( Baltasara , Balthasara, Baltasara- Peimallo no CME), nome dunha parte de Peimallo (  ), no mesmo barrio do Freixo.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==