Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 148 Cremos que o topónimo A Garoula contén unha variante de garula ‘barullo, ruído’, nome relacionado co verbo garular (< latín garrulare ‘latricar’, de garrulus ‘falangueiro’, e este de garrire ‘rechouchiar os paxaros’). En Galicia Nomeada recóllense seis topónimos A Garula , As Garulas , Leiro Garulo . Nos dicionarios, garula presenta varias acep- cións, algunhas delas referidas aos desperdicios de produtos agrícolas, como o bagazo da uva, que poderían xustificar o topónimo; mais ta- mén é verosímil unha motivación acústica, que igualmente xustificaría o nome dunha área de arboredo con paxaros algareiros. O nome dunha Fonte da Garula en Trabada (Lugo) é explicado por Xulia Marqués no seu estudo da toponimia dese concello tamén por razóns acústicas: « polo bulicio producido pola xente que paraba cando ía por auga á fonte ou pola propia auga do manancial » . Seguramente son tamén con- notacións acústicas as que explican o uso do masculino garulo nal - gunhas áreas de Galicia como sinónimo de cocón , ser imaxinario para asustar as criaturas. A variante garoulo, garoula , con ditongo na sílaba tónica, debe de ser unha variante propia das Rías Baixas. Certa célebre comparsa do entroido da ría de Arousa a finais do século xx e comezos do xxi auto- denominábase Os Garoulos , co mesmo vocalismo ca o do topónimo e talvez o mesmo significado, relativo ao son. Un uso de garoulo e garou- la como sobrenome tamén podería orixinar este topónimo. Garrido, Garrida — — A Garrida (A Garrida) — — Estrada da Garrida (A Garrida) — — Fonte do Alto da Garrida / Fonte da Garrida (A Garrida) — — Outide da Garrida (A Garrida) A Garrida é o nome dun núcleo de poboación situado nunha extensa área a ambos os lados da estrada de Valadares e que abrangue desde a subida ao monte Alba (pola estrema oeste) ata a área de Vales (pola estrema leste). Este importante núcleo nomeou un dos barrios da parroquia, o barrio da Garrida , na actualidade o de maior densidade poboacional logo de experimentar un notable incremento nas últimas décadas. Atravesa a maior parte do barrio a Estrada da Garrida , que disco- rre en sentido transversal á estrada de Valadares e á avenida de Clara

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==