Toponimia Valadares

13 A p a r r o q u i a d e V a l a d a r e s parroquia. Na administración dos bens do cabido, esas rendas incluían- se dentro dunha tenza (con frecuencia conxuntamente coas rendas de Teis), que periodicamente se lle adxudicaba por parte do cabido a un intermediario ou tenceiro , encargado de recadar os tributos e os dé- cimos, o « dizmo a Deus » . En ocasións ese tenceiro é un veciño da parroquia, como no caso dun Antonio Costas, a quen os cóengos de Santiago outorgan en carta de arrendamento « todas las rentas y frutos de la tenencia que se dice de Valadares sita en el obispado de Tui » (1521, AHUS). Para achegármonos á historia dos topónimos de Valadares, dis- poñemos de pormenorizada documentación do século xviii relativa á parroquia no extenso censo fiscal coñecido como Catastro de Ense- nada. O de Valadares concluíuse en 1753 e consérvase en dúas co- pias manuscritas, unha no Arquivo Provincial de Pontevedra e outra no Arquivo de Simancas (Valladolid). Unha década máis tarde, en 1763, realizouse o Expediente de comprobación (CCME), que complementa o catastro. Nesta documentación infórmasenos de todos os veciños ou cabezas de familia, de todas as propiedades agrícolas, da súa exten- sión, calidade e cultivo ou dedicación, de todas as vivendas, dos muí- ños, das tabernas, do gando e das colmeas, dos oficios, da produción agrícola e das actividades económicas da parroquia. Alg úns deses documentos poden consultarse na actualidade en in- ternet, nos servidores mencionados. Nas mesmas fontes podemos en- contrar outra documentación interesante para a historia ou o anecdota- rio da parroquia; ademais dos mencionados preitos de finais do século xvi , temos á nosa disposición a querela contra Juan da Vila, párroco de Valadares, do ano 1607 (ACS), o convenio de vasalaxe polo cal os marqueses admiten reducir os servizos e os tributos que lles esixen aos veciños (1742), a oposición dos mesmos veciños de Valadares á repar- tición das bulas nas parroquias do Val de Fragoso en 1789 ou a ficha dun voluntario de Valadares que se alista no batallón do Ribeiro na guerra contra os franceses en 1809 (Pares). Como é sabido, nesa guerra e nos días da chamada Reconquista de Vigo adquiriu renome o abade de Valadares, Juan Rosendo Arias Enríquez, curmán do marqués que exercía daquela o señorío da parroquia. Ata o século xix o couto de Valadares estaba incluído administrati- vamente no partido de Val de Fragoso e no eclesiástico no arciprestado do mesmo nome. Cando en 1835-1836 se creou a actual división en

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==