Toponimia Valadares

147 T O P Ó N I M O S O substantivo galego gándara ( ghándara , ghandra , ghranda , no ga- lego da zona), de orixe prerromana, designa terreos infértiles ou impro- dutivos. Ten enorme presenza na toponimia: o Nomenclátor de Galicia recolle noventa e seis entidades de poboación que o conteñen no seu nome, sen contarmos variantes ( Granda, Gandra …) e derivados ( Gan- darela , Grandela , Gandarón etc.). En Valadares, o topónimo A Gándara denomina unha área situada no suroeste do territorio parroquial, no barrio da Garrida, onde se atopa a instalación deportiva coñecida como o Campo de Fútbol da Gándara . Na executoria do preito do Portal (1587) fálase dunhas « heredades que están na gándara darcos que labró domingos el portugués, criado de Pedro de la iglesia, difunto » , denominación que se repite no Catastro de Ensenada coa forma Gandra de Arcos , onde aparece mencionada xunto a outras « tierras inútiles por naturaleza » pertencentes ao común do couto de Valadares. O topónimo en forma simple e singular, A Gándara , repítese tamén no barrio da Garrida para nomear unha área de terras de labor e de vivendas nas proximidades do Cruceiro, xunto á Estrada da Gándara , onde tamén se atopa A Chan da Gándara , igualmente unha zona de terras de cultivo e de vivendas. O Marco da Gándara (  Marco ) sitúa- se nas proximidades da rotonda da Pasaxe, na estrema con Vincios. Descoñecemos se este marco é o mesmo ca o denominado Marco das Maquías , mencionado no Interrogatorio do Catastro de Ensenada, ou se é outro quizais situado algo máis ao oeste, ao sur do campo de fút- bol. Presumiblemente, A Gándara ou A Gándara de Arcos debeu ser orixinariamente un topónimo que designaba unha grande extensión na Garrida, no sur do territorio de Valadares. Garoula — — A Garoula (As Barrocas) Con este nome coñécense unhas terras de cultivo e de arboredo xunto ao cemiterio privado, no barrio das Barrocas. Debe de ser o mes- mo topónimo que se menciona nos preitos de Simón Rodríguez no sé- culo xvi como « heredad de la Garoula » . Aparece tamén con ese nome no Catastro de Ensenada, onde designa propiedades cualificadas como devesa de segunda calidade, e no Libro de afanegados , como piñeiral.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==