Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 146 tes rexístrano cunha variante castelanizada como Monte do Gavilán , probablemente por identificación co nome castelán da ave de rapina tamén denominada gabián en galego. O Nomenclátor de Galicia re- colle seis entidades de poboación chamadas Gabián ou O Gabián , e con ese nome ou o de Monte do Gabián constan setenta topónimos na cartografía de Galicia Nomeada. Teñen todos en común unha orografía costenta, de pronunciadas pendentes. Estes topónimos non se refiren ás aves, senón que o común gabián (< gótico gabilane ) está presente neles co significado de ‘guedella ou apéndice flexible da vide e doutras plan- tas rubideiras’, metaforicamente aplicado ás herdades ou á s edifica- cións situadas na pendente e que semellan gabear pola ladeira arriba. Galiña — — A Galiñeira / As Galiñeiras (O Freixo) — — O Cocho da Galiñeira (O Freixo) — — Muíño da Galiñeira (O Freixo) A Galiñeira (ocasionalmente tamén en plural, As Galiñeiras ) é o nome duns campos de labor, con algunha vivenda, situados entre a Devesa do Freixo e o camiño da Pinguela, no barrio do Freixo. O nome é un derivado de galiña (< latín gallinam ), mais non podemos asegurar se o topónimo obedece á presenza desta ave na zona (ben domésticas, ben galiñas bravas, que tamén é verosímil), a un sobrenome de propie- tario ou a calquera outra motivación. Rex í strase no Catastro de Ensena- da, onde describe terras de cultivo de secaño, e no Libro de afanegados tamén como prados de terceira. Da denominación da zona toma o seu nome o Muíño da Galiñeira , de construción posterior a 1753, pois non se rexistra no Catastro de Ensenada, e mais o campo de labor O Cocho da Galiñeira . Este último consta no Libro de afanegados como labradío de regadío (  Cocho ). Gándara — — A Gándara (A Garrida) — — Campo de Fútbol da Gándara (A Garrida) — — Estrada da Gándara (A Garrida) — — A Chan da Gándara (A Garrida) — — O Marco da Gándara (A Garrida)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==