Toponimia Valadares

145 T O P Ó N I M O S atópase unha área de terras de labor e algunhas vivendas nomeada Fonte do Freixo , de nome motivado pola existencia na zona dunha fonte dun só cano, con presa para regadío, alimentada pola auga que provén do monte dos Pozos. O Freixo xa era núcleo habitado na Idade Media, e na documenta- ción do século xvi está consolidado o seu uso en cadeas onomásticas, aplicado a individuos veciños ou orixinarios dese lugar: « Juan Fernan- dez de o Freyxo (…) Juan Afonso de o Freixo … (1597) » . Na actuali- dade, na fala local este topónimo ten bastante uso sen artigo, pero a documentación histórica confirma que a denominación tradicional era sempre con el. Ademais do núcleo habitado, que consta en todos os nomencláto- res, O Freixo nomea varias zonas dos arredores, mencionadas no Catas- tro de Ensenada por medio de topónimos compostos: Freixo de Arriba , Freixo de Painzás , Freixo das Cans etc. Furna — — As Furnas (O Portal) — — Babios das Furnas (O Freixo) O nome furna , emparentado con forno e co verbo furar , designa unha caverna ou unha concavidade profunda feita na vertente dunhas rochas. Malia ser un substantivo aplicado principalmente ás grutas es- cavadas na costa pola acción do mar, tamén aparece na toponimia do interior para nomear cavernas ou concavidades en barrancos. Esta é a característica orográfica que presenta a zona coñecida como As Furnas no barrio do Portal, xunto ao Caeiro, onde hai unha barranca profunda. No barrio do Freixo, o substantivo aparece no composto Babios das Furnas (  Babio ), ao norte das chamadas Devesa de Arriba e Devesa de Abaixo. Neste caso descoñecemos cal pode ser o accidente orográ- fico que motiva o segundo elemento do topónimo, mais seguramente tamén foi a existencia dalgunha cova ou cavidade na zona. Gabián — — O Monte do Gabián (O Freixo, A Igrexa) O Monte do Gabián é o nome dunha zona de arboredo ao leste do cemiterio privado, xunto á Miragaia, no barrio do Freixo. Algunhas fon-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==