Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 144 que se refira a este lugar o Campo da Fraguiña , que se rexistra entre as propiedades de Matamá e de Valadares nos libros de apeos de San Francisco de Vigo no século xvii . No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados as terras chamadas A Fraguiña no Freixo aparecen cuali- ficadas como tomada e como monte de terceira calidade . Francisco — — A de Francisco (O Freixo) A de Francisco é un topónimo transparente que nomea uns campos de cultivo xunto aos Abelales, no barrio do Freixo, ao oeste do ce- miterio privado, que responde a un propietario chamado Francisco (< do latín franciscus ‘francés’). Non sabemos se é a mesma herdade que consta como Campo de Francisco Álvarez entre as propiedades afora- das polo convento de San Francisco de Vigo no século xvii en Matamá e en Valadares. Freixo — — O Freixo (O Freixo) — — Capela de San Xoán do Freixo (O Freixo) — — Estrada do Freixo (O Freixo) — — Fonte do Freixo (O Freixo) — — San Xoán do Freixo (O Freixo) Freixo (< latín fraxinum ) é o nome galego do Fraxinus excelsior e outras variedades de árbores do xénero Fraxinu s. Constitúe un tema lé- xico con presenza abundante na toponimia de Galicia e nun derivado deulle o seu nome á parroquia viguesa de San Tomé de Freixeiro. En Valadares, o substantivo simple nomea un dos barrios da parroquia, O Freixo , o máis afastado do centro parroquial (na estrema oeste), atra- vesado pola vía chamada Estrada do Freixo , que vai desde o núcleo de San Xoán do Freixo , onde se atopa a Capela de San Xoán do Freixo (  San Xoán ) ata o barrio da Garrida, pois desemboca na estrada do Monte Alba. Xunto á estrada de San Xoán, ao norte do Campo da Eira,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==