Toponimia Valadares

143 T O P Ó N I M O S ficiais, nos máis dos casos empregadas como trampas para cazar lobos. No caso de O Foxo de Valadares (no barrio do Portal, entre a avenida de Clara Campoamor e o parque tecnolóxico e loxístico, estamos ante un fondal de terreo onde hai, principalmente, campos de labor e onde empoza e discorre o curso de auga chamado Río do Foxo , que alimenta varios muíños, algún dos cales aparece atestado no Catastro de Ense- nada. O substantivo aparece formando tamén os topónimos Os Cochos do Foxo (  Cocho ) e O Cantón do Foxo (  Cantón ), que designan te- rras de labor situadas ao sur da área do Foxo. Desde a estrada do Portal ata a estrada da Venda, xa en Beade, atravesa a zona a v ía coñecida como Estrada do Foxo . Repítese o substantivo foxo noutros dous topónimos da parroquia: Os Foxos de Vincios , no barrio da Garrida, nomea unha zona boscosa que tamén forma depresión no relevo ao oeste do campo de fútbol, e de novo unha forma simple O Foxo , que denomina uns campos de cultivo ao sur de Seoane . O topónimo rexístrase no Catastro de Ensenada e describe terras de cultivo de regadío (no caso do Foxo do barrio do Portal) e monte de segunda calidade (no Foxo do barrio da Garrida). Fraga — — A Fraguiña (O Freixo) O substantivo fraga , etimoloxicamente emparentado co verbo latino frangere ‘romper’, designaba en orixe penedos ou áreas pedregosas, mais en moitas zonas de Galicia pasou a designar calquera tipo de lu- gar dificilmente transitable, debido á constitución accidentada, fragosa , do terreo e acabou adquirindo un significado equivalente ao de bos- que . De fraga deriva o adxectivo abundancial presente en Fragoso e no Val de Fragoso , denominación do territorio meridional da ría de Vigo, que no pasado constituíu unha unidade administrativa civil (partido de Fragoso, precedente do concello de Lavadores) e relixiosa (arciprestado de Fragoso). Temos un diminutivo de Fragoso no nome de Fragoselo . Na toponimia de Valadares contamos cun único exemplo deste nome no diminutivo A Fraguiña , designación dunha zona de monte con arboredo no barrio do Freixo, ao norte do Zondal; a configuración do terreo, con abundantes penedos crebados, fai pensar que é o signi- ficado primixenio de fraga o que motivou este topónimo. Non parece

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==