Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 142 Formiga — — A Formigueira (O Freixo) A Formigueira é o nome du nhas terras de labor ao norte da Ermi- da, no barrio do Freixo. Formigueira é un zootopónimo, seguramente aplicado a espazos caracterizados pola presenza ou pola abundancia de formigas, mais tamén cabería a posibilidade de que se refira á plan- ta denominada en galego herba formigueira , chamada tamén té bra- vo ( Dysphania ambrosioides ). Con todo, este topónimo en Valadares podería ser de creación relativamente recente, pois non se atopa na documentación histórica. Forno — — Regueiro do Forno (A Sobreira) Desco ñecemos se o segundo elemento do nome do Regueiro do For- no se refire a unha cavidade natural, coma noutros topónimos Fornelos e semellantes (  Furna ), ou a un forno de cocer pan, cun significado equivalente ao de A Tafona (  ). O Regueiro do Forno é un pequeno curso de auga na área actualmente ocupada polo parque tecnolóxico e loxístico, en orixe relacionado cun topónimo O Forno que se atesta no Catastro de Ensenada. Foro  Aforada Foxo — — O Foxo (O Portal) — — O Foxo (A Garrida) — — Os Cochos do Foxo (O Portal) — — O Cantón do Foxo (O Portal) — — Estrada do Foxo (O Portal) — — Os Foxos de Vincios (A Garrida) — — Río do Foxo (O Portal) Un foxo (< latín foveum ) é un fondal ou unha depresión do terreo. En toda Galicia son moi comúns os topónimos formados con este substan- tivo ou derivados, acotío aplicados a depresións ben naturais, ben arti-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==