Toponimia Valadares

141 T O P Ó N I M O S motivado en orixe pola estrada do Regueiro ou polo camiño que sae desta cara ao noroeste, pois a zona así nomeada atópase na confluen- cia de ambas as vías. Tamén son frecuentes os topónimos formados cun diminutivo de fonte ; en Valadares temos A Fontiña como nome dunha zona de monte no barrio do Freixo, xunto ao Areeiro, e tamén A Fontiña como unha zona de campos no barrio das Barrocas, xunto a Casouteiro. Outro di- minutivo, de orixe polo menos medieval, é A Fontela , nome con que se coñecen uns campos de labor no barrio da Garrida, na zona do túnel. A Fontela de Alba , pola súa banda, nomea a área de monte onde se atopa a Fonte da Cuncha , na subida ao monte Alba. Dada a abundancia de fontes na parroquia, son pouco comúns os topónimos simples A Fonte , pois non determinan a fonte concreta de que se trata nin a súa localización, mais temos algún exemplo como A Fonte , que nomea unha área do barrio do Freixo, na zona dos Balcóns, tamén coñecida co nome alternativo de Horta das Canas ; no Catas- tro de Ensenada rexístrase coa forma castelanizada como La Fuente e describe « sembradura de hortaliza segunda calidad » e outras terras de « sembradura regadío » no sitio de Fuentes , con forma en plural. No mesmo catastro tamén aparece un plural Fuentes para describir un monte de segunda calidade cuxo propietario ten casa e terras na Erve- llacosa, na Sobreira, e en Prado, no Portal. O substantivo fonte tamén aparece no nome do Campo da Fonte e da Veiga da Fonte de Abaixo , ambos no barrio das Barrocas, ao sur do cemiterio privado, lindando coa Cacheira, onde está a Fonte da Cacheira , que posiblemente constitúe a motivación destes dous topóni- mos, ademais do da área chamada A Fontiña , na mesma localización ca a Fonte da Cacheira . Outro topónimo simple A Fonte , próxima ao Pereiro e a Outide, no barrio da Garrida, convive coa denominación de A Fonte do Pereiro Na documentación rexistramos outros topónimos co substantivo fonte : a Fonte da Silveira (  Silveira ), a Fonte do Lirán (na Lagoa, es- tremando co camiño do Campo do Fútbol, no barrio da Garrida), cun segundo elemento que podería ser un alcume de propietario, acaso formado polo xentilicio da parroquia de Lira, en Salvaterra de Miño.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==