Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 140 En Fontefría produciuse no ano 1809 un importante episodio da guerra contra os franceces, protagonizado por veciños de diversas fre- guesías de Fragoso. A fazaña sitúase no contexto da Reconquista de Vigo, onde tamén destacou a figura do daquela abade de Valadares, Juan Rosendo Arias Enríquez. Pola súa activa participación no move- mento contra os invasores, o abade de Valadares foi condecorado co escudo de honor e unha prebenda de cóengo na catedral de Santiago. No Catastro de Ensenada documéntase tamén co mesmo nome, cando non castelanizado como Fuente Fría , unha extensión de terras de monte no Zondal, ao oeste do Areeiro, e boa parte dela xa pertence ao termo municipal de Nigrán. Outro topónimo composto co substantivo fonte na parroquia é o de Fonte Carreira (  Carro ), nome dunhas terras de arboredo xunto á estrada do Regueiro, ao oeste do cemiterio particular, no barrio das Barrocas. Non sabemos se a carreira do nome da Fonte Carreira estaría

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==