Toponimia Valadares

139 T O P Ó N I M O S Cun mesmo nome de A Fonte do Souto , coñécense ata tres fontes na parroquia de Valadares, unha no barrio da Sobreira e outras dúas no barrio das Barrocas, as tres situadas no interior ou nos arredores de zonas chamadas O Souto, de onde toman o seu nome (  O Souto ). A Fonte do Xestal (  Xesta ) é a que se atopa dentro dun lavadoiro xunto á zona do mesmo nome, no barrio da Igrexa. A Fonte dos Bértolos atópase nos Bértolos (  ), no barrio das Barro- cas. É unha fonte dun cano, cun lavadoiro de pedra sen teito, rústico. Ao outro lado do camiño hai unha presa de formigón en bo estado. A auga provén do rego da Senra. A Fonte dos Pozos toma o seu nome do monte dos Pozos, pois ató- pase na subida a este monte, na estrada do Freixo . As Fontes da Regamán (  ) é unha zona de arboredo ao sur do Ce- pudo; o plural débese a que hai na zona varias construcións de pedra en cadanseu manancial. Tamén temos na parroquia dous topónimos formados co substanti- vo fonte acompañado dun adxectivo: Fontecovas e Fontefría , ambos os nomes de terras que se atopan na estrema coa parroquia de Beade. Fontecovas nomea unha zona de monte ao nordeste do Outeiro Gran- de, na Sobreira; a denominación en plural é unha creación recente que substituiría a forma tradicional, A Fonte Cova , onde o adxectivo cova se refire ao feito de estar situada a fonte nun fondal. Pola súa banda, Fontefría é o nome dunha extensa área de mon- te compartida coas veciñas parroquias de Beade e de Zamáns. Tanto no Catastro de Ensenada coma no Libro de afanegados as terras deste nome cualif ícanse como monte, devesa e piñeiral. O nome seica pro- cede dunha fonte situada a poucos metros do lugar onde estreman as parroquias, A  Fontefría ou A Fonte de Fontefría. No Catastro de Ense- nada e no Libro de afanegados adoitan diferenciarse as partes da zona da Fontefría empregando dobre topónimo: O  Bispo-Fontefría , Patelas- Fontefría , Fontefría-Agostiño , Fontefría-Canteira , Fontefría-Cardoso , Fontefría-Toutizos. Denomina, así mesmo, o Regato de Fontefría , pola mesma zona.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==