Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 138 A Fonte do Pereiro toma o seu nome da súa localización xunto ao Pereiro de Outide, no barrio da Garrida. A Fonte do Pingallo é unha fonte dun cano con estrutura de pedra e presa, situada ao oeste do cemiterio particular, na estrada do Freixo. Pingallo é un substantivo derivado de pingar (< latín pendicare , deriva- do de pendere ‘pender, colgar’) e de pinga ‘gota’; máis ca referirse á escaseza de auga, o pingallo quizais designou un cano que a fonte tivo no pasado. A Fonte do Rei atópase no barrio da Igrexa, na estrema da Rabadei- ra coa Feira, en zona de campos e de arboredo. Ten dous canos e un lavadoiro con teito, e descoñecemos cal pode ser a motivación do seu nome; quizais porque foi realizada por intervención da administración real ou porque non estaba sometida ao señorío do couto. A Fonte do Sapo está situada no barrio do Portal, no cruzamento da estrada do Portal co camiño tamén chamado do Sapo. Cunha estrutura de formigón, no interior ten varios elementos de pedra, co frontal de onde sae o cano, a pía e o banco. O nome Fonte do Sapo ou Fonte dos Sapos repítese con moita frecuencia na toponimia: en Galicia Nomea- da rexístranse cincuenta e seis topónimos Fonte do Sapo ou dos Sapos , e é igualmente común na toponimia portuguesa e castelá ( Fuente del Sapo ), por seren os lugares húmidos o hábitat común destes batracios. A Fonte do Seguedo (  Seguedo ) atópase na zona que leva o mes- mo nome, no barrio da Igrexa. A Fonte dos Seixos , tamén está situada na área do mesmo nome, no barrio da Garrida (  Seixo ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==