Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 12 do rei Sancho IV, diferentes propiedades en Toroño (Toroño era o terri- torio da diocese tudense situado ao norte do Miño) e noutros lugares, entre as cales se encontra a parroquia de Teis, e engade a esa relación o couto de Valadares : « et outrossí vos dou o couto de Valadares » . Entre as testemuñas asinantes dese documento está o trobador medieval Paio Gómez Chariño, «almirante do mar» . Tal como está redactado o tex- to, non sabemos con certeza se ese couto de Valadares debe contarse entre as propiedades situadas en Toroño, e entón si que sería a parro- quia de Valadares en Fragoso. Mais é verosímil que así sexa, pois en toda a documentación medieval e moderna da catedral de Santiago de Compostela relativa aos intereses do cabido compostelán en territorio tudense, as parroquias de Teis e de Valadares adoitan constituír unha mesma tenza . A partir do século xiv xa dispoñemos de máis documentación fir- me relativa á parroquia, a cal se rexistra en latín como Valladares ou Valadares : « ecclesia Santi Andree de Valladares, medietate sine cura ecclesie Santi Andree de Valadares, ecclesie de Valadares… » (1365). No mesmo século xiv temos o seu primeiro párroco de nome coñecido: Petro Laurencii, rectore ecclesie de Valadares ‘Pedro Lourenzo, reitor da igrexa de Valadares’ (1395). Desde finais do século xv xa temos noticias certas do couto de Va- ladares e dos seus señores os Sarmiento de Valadares, e os testamen- tos, preitos e memoriais desa familia ofrécennos documentación acerca dalgúns lugares da parroquia. En internet, no Pares ou no Arquivo Ga- liciana podemos ver a reprodución fotográfica dalgúns deses manuscri- tos. Por exemplo, os testamentos de Gonzalo Sarmiento de Valadares (1470) e do seu fillo Gregorio Sarmiento de Valadares (1475), rexedor de Pontevedra, así como numerosos preitos por razóns de foros ou de herdanzas no século xvi , entre eles os que atinxen á demanda de Simón Rodríguez contra os señores do couto ou o preito sobre o lugar do Por- tal, da mesma época. Outras fontes de documentación que podemos consultar en internet e que nos informan da historia da parroquia son o Arquivo da Catedral de Santiago (ACS) e o Arquivo Histórico da Universidade de Santiago (AHUS). Aínda que a parroquia de Valadares sempre pertenceu ao te- rritorio da diocese de Tui, desde a Idade Media gardaba certa vincu- lación coa igrexa compostelá, pois o cabido catedralicio de Santiago e o seu deán eran beneficiarios da metade das rendas eclesiásticas da

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==