Toponimia Valadares

137 T O P Ó N I M O S En esta capilla se venera y festeja a la Virgen con la advocación del Alba, y a San Bartolomé . Para celebrar sus fiestas, el día 15 de Agosto, llevan de la iglesia parroquial las dos imágenes hasta la ermita, y el 24 siguiente, conducen a la imagen del Rosario, que es recibida muy ceremoniosamente cerca de la cumbre, con arreglo a viejas reglas, que si no son precisamente litúrgicas, son tradicionales e inspiradas por la fe. Na actualidade consérvanse os tres canos diferenciados e co nome de cadansúa fonte labrado na pedra, malia só ter caudal aberto o do medio, o da Fonte de San Bartolomeu . A construción consta dos tres canos e de catro bebedoiros de pedra para as bestas e atópase na estra- da do Monte Alba. A Fonte do Ouro (ou Fontedouro ) está situada no Campo Longo, xunto á estrada de San Xoán, no barrio do Freixo. É unha fonte dun cano e dun lavadoiro cuberto, tamén coñecido como Lavadouro do Galiñei - ro (  ), quizais porque o Campo Longo está ao norte de A Galiñeira (  ). A auga procede dos montes Alba e dos Pozos. O topónimo, baixo a aparencia dun composto co substantivo ouro (< latin aurum ), contén probablemente un hidrónimo prerromano auriu , auria , como o que ori- xinou os diferentes ríos chamados Ouro ou, mediante un derivado, o nome de Ourense . O Nomenclátor de Galicia recolle unha entidade de poboación chamada Fontedouro no concello ourensán de Punxín, que se documenta como A Fonte do Ouro no século xv . En Santiago de Compostela, a fonte e o barrio denominados A Fonte do Ouro deron nome no pasado á fábrica de gaseosas e de augas carbónicas « La Fuen- te del Oro » , radicada alí. Na cartografía de Galicia Nomeada cóntanse sesenta e tres topónimos ( A ) Fonte do Ouro ou ( A ) Fonte de Ouro repar- tidos por todo o territorio. Noutras áreas son igualmente comúns os to- pónimos do tipo Fuente del Oro , Font d’Or e semellantes, formados co mesmo termo hidronímico prerromano, que noutro tipo de compostos está igualmente presente nos Fontoira , Fontoura da toponimia galega e portuguesa; e Fontoria , Hontoria e Ontoria da castelá.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==