Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 136 e de arboredo da aba oriental do monte dos Pozos. Accédese a ela a través dun sendeiro con acusada pendente. É unha fonte dun cano con lavadoiro e con presa en estado de abandono. A Fonte do Caramancho (  Caramancho ) atópase no barrio do Ca- rregal, ao norte da área do mesmo nome, xa na estrema con Beade. A Fonte do Caride , tamén no Carregal, atópase xunto á avenida de Clara Campoamor, na marxe da propiedade chamada A Lagoa, fronte ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Accédese a ela por un camiño desde a avenida; o cano sae do muro dunha propiedade particular. O segundo elemento do composto que nomea a fonte é sen dúbida un apelido de propietarios, apelido toponímico que no Val de Fragoso ten como foco de expansión o lugar de Caride, na parroquia de Santa Cristina de Lavadores. A Fonte do Carregal é unha fonte de dous canos que verten a auga a unhas pías de pedra; atópase no barrio do mesmo nome, concretamen- te no camiño do Canizo que, pola súa banda, denomina o lavadoiro onde se atopa esta fonte, o Lavadouro do Canizo . A Fonte do Coello (  Coello ) é unha fonte dun só cano que sae dun- ha rocha e preto da cal hai unha pequena lagoa natural. A fonte nomea toda a área onde se atopa, unha zona de arboredo ao leste dos Currás, no barrio do Freixo. A Fonte do Eido Vello (  Eido ) atópase no barrio do Freixo, na zona denominada O Eido Vello. A Fonte do Estripeiro , na estrada do Zondal, recibe o nome da área en que se encontra (  Estripeiro ). A Fonte dos Fabás (  Faba ), atópase xunto ao camiño dos Fabás, no barrio da Sobreira. Preto dela hai un lavadoiro co mesmo nome. A Fonte do Lago está situada nas proximidades da estrada do Portal. A Fonte do Monte Alba ou Fonte do Alba (  Alba ), é tamén coñe- cida como Fonte do Justo ou Fontes do Alba , en plural, debido a que se xuntaran nunha mesma fonte as tres que existían antigamente, moi próximas unhas das outras: a Fonte da Virxe da Alba , a Fonte de Sa- mertalomeu ou San Bartolomeu e mais a Fonte do Demo , das cales se contaban feitos milagreiros dos romeiros ofrecidos que bebían nelas. O culto a San Bartolomeu debeu de existir xa desde antigo na parroquia, tal e como relata Espinosa en Tierra de Fragoso (1949) ao ocuparse da parroquia de Valadares, ao falar da capela do Alba:

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==