Toponimia Valadares

135 T O P Ó N I M O S A Fonte das Cortiñas (  Corte ) atópase no barrio da Sobreira, na estrada da Garrida, a uns metros do cruzamento co camiño dos Fabás; ten pía de pedra e un só cano. A Fonte das Mouteiras (  Mouteira ), na área do mesmo nome, si- túase no barrio da Sobreira. A Fonte das Quendas (  Quenda ) atópase no barrio das Barrocas, polo camiño do Souto. A Fonte das Regadiñas (  Rega ), no barrio da Sobreira, atópase nas Regadiñas. A Fonte de Alén , tamén chamada Fonte do Regueiro de Alén (  Regueiro ), do mesmo nome ca o lugar onde se atopa, está no barrio do Freixo. A Fonte de Peimallo (  Peimallo ), no Freixo, sitúase ao pé do cami- ño do mesmo nome. A Fonte do Freixo (  Freixo ) é o nome dunha zona de campos de labor e de vivendas no barrio do Freixo, xunto á estrada de San Xoán, na estrema co Campo da Eira. Unha fonte física (é dicir, construción) motivou o nome da zona. A Fonte da Igrés rexístrase na cartografía de Galicia Nomeada, que a sitúa no río das Cortes, ao sur do Pedregal, por detrás do polideportivo, no barrio do Portal. No Libro de afanegados figuraba como Fonte da Ygrexe. A Fonte de San Xoán atópase no barrio do Freixo, xunto á estrada de San Xoán (  San Xoán ), entre A Ermida de Arriba e O Pracer, polo que tamén é coñecida como Fonte do Pracer (  Pracer ). A Fonte de Seoane (  Seoane ), na área do mesmo nome, atópase no barrio da Garrida. A Fonte de Vales (  Val ), no barrio da Sobreira, está en Vales, onda a avenida de Clara Campoamor. Na outra beira desta avenida atópase un lavadoiro chamado tamén Fonte de Vales . A Fonte do Arroio (  Arroio ) ten dous canos, pía e chan de cascallo. Atópase no barrio das Barrocas, na estrada do Souto, baixando por un carreiro cara a unha depresión do terreo con campos de labor. A Fonte do Barreiro (  Barro ) encóntrase no barrio do Portal, na área do mesmo nome. A Fonte do Barronco (  Barronco ) está situada na Rabadeira, no barrio da Igrexa, xunto ao camiño do Regueiro, nunha zona de mato

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==