Toponimia Valadares

133 T O P Ó N I M O S A Fonte da Chanca , no barrio do Portal, atópase á beira do camiño da Valada. É unha fonte dun cano, con estrutura de pedra e unha placa do concello. A auga é de manancial, dunha vertente dos montes Alba e Cepudo. Antigamente era tamén coñecida como Fonte dos Barros e a estrutura de pedra que agora presenta foi realizada por Xosé Ramón Seoane Rosende, quen tamén fixo a da Fonte da Cuncha . A referencia ao barro neste nome alternativo lévanos a pensar que posiblemente responde á mesma motivación, e que fose a condición barrenta ou la- macenta dunha poza ou charco, é dicir, unha chanca , causada pola propia fonte, a que suscitou ambos os nomes. Con todo, non se pode descartar que dos Barros se refira a unha familia, pois rexistramos ese apelido na parroquia desde polo menos o século xvi (  Barro ). A Fonte da Chosca contén probablemente un sobrenome persoal formado sobre o substantivo e o adxectivo comúns en galego chosco, chosca (‘quen ou que padece algunha deficiencia visual’), non sabe- mos se aplicado a unha muller chamada A Chosca ou se mediante o adxectivo aplicado á propiedade dun propietario masculino ( A Chosca = ‘A do Chosco’). Atópase no camiño da Igrexa, dentro da Devesa do Torrón, ao norte da igrexa parroquial. Deita auga de manancial proce- dente do monte dos Pozos. A estrutura consta de dous canos cunha par- te antiga de pedra en forma de arco, de onde sae un cano, e outra parte contigua cun segundo cano e pía. Ten pedra de lavar e foi reformada e cuberta con teito metálico por iniciativa da comunidade de montes. A Fonte da Cuncha está situada na estrada do Monte Alba, á mesma beira dela. O nome vén motivado pola forma de cuncha de vieira aber- ta que forman a pía e a parte do cano. Posúe dous bancos de pedra a ambos os lados e unha placa conmemorativa que lembra a Xosé Ra- món Seoane Rosende, quen construíu a fonte, cunha cita dedicada á auga, hoxe desafortunadamente ilexible. Foi construída na década de 1960 e a súa auga procede do Cepudo. A Fonte da Estrada do Portal (  Portal ), no barrio da Sobreira, está situada á beira da estrada que a nomea. A Fonte da Garrida ou Fonte do Alto da Garrida (  Garrida ) atópa- se no camiño dos Mangales, no barrio da Garrida. A Fonte da Mina da Devesa (  Devesa ; Mina ) está situada na De- vesa do barrio do Portal, á beira da vía denominada estrada do Foxo. A Fonte de Quinta (  Quinta ), no camiño do mesmo nome, está preto do cruzamento coa estrada de Valadares .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==