Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 132 — — Fonte do Souto (As Barrocas) — — Fonte do Xestal (A Igrexa) — — Fonte dos Bértolos (As Barrocas) — — Fonte dos Pozos (O Freixo) — — Fontecovas (A Sobreira) — — Fontefría (A Sobreira) — — O Cocho da Fonte (As Barrocas) O substantivo fonte (< latín fontem ) é un dos máis recorrentes na toponimia galega e designa tanto un manancial natural de auga coma a construción (polo xeral de pedra, con cano e pía) que fornece da auga conducida dunha mina ou manancial. Na parroquia de Valadares máis de setenta topónimos levan este substantivo no seu nome, as máis das veces nunha estrutura do tipo fonte + de + un segundo elemento que adoita ser o topónimo do lugar onde se atopa a fonte ou o nome per- soal ou familiar de antigos propietarios. Reproducen este esquema os seguintes topónimos de Valadares: A Fonte da Abelleira (  ) ou da Abilleira toma o seu nome da zona así chamada no estremo norte da parroquia ( A Abelleira de Arriba , xun- to aos Martices, no Freixo). A Fonte da Barreira (  ) no núcleo habitado da Barreira, no barrio da Igrexa. A Fonte da Cacheira (  Cachar ), na aba leste do monte Alba. Ten acceso a través dun sendeiro con forte pendente. Conta cun lavadoiro con teito e pedras de lavado e unha presa con muros de formigón. Hai canles para distribuír a auga ata os campos. É auga de manancial que procede do monte Alba. A Fonte da Candea da Igrexa (  Candea ), no barrio das Barrocas, ao sur dos Mandíns. A zona da cal toma o seu nome destinou nalgún momento da historia parte do seu produto agrícola para pagar a cera da iluminacion da igrexa parroquial. A Fonte da Chan , tamén chamada Fonte da Estrada do Alba (nome con que aparece na rotulación municipal), situada na subida ao monte Alba, fronte ao miradoiro. Consta dunha estrutura de pedra irregular cun bebedoiro para animais e a denominación de Fonte da Chan lígaa ao proxecto Chan das Esculturas , dentro do cal se incluíu a súa cons- trución, a mediados da década de 1990. A auga é de manancial, proce- dente do monte Alba e do Cepudo. Da fonte sae unha estreita canle de pedra que baixa ata unha lagoíña.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==