Toponimia Valadares

129 T O P Ó N I M O S Figueira — — A Figueira (O Freixo) Figueira (< latín ficariam ) designa en galego a árbore Ficus carica , que dá como froito o figo. É unha especie comunmente cultivada po- los seus froitos e a súa presenza deixou unha importante pegada na toponimia galega (máis de corenta núcleos de poboación teñen este nome ou derivados e a cifra atinxe o medio millar na microtoponimia recollida en Galicia Nomeada). Na parroquia de Valadares denomínase A Figueira unha área de terras de labor no barrio do Freixo, ao sur do Campo Grande, preto da estrada de San Xoán. Menciónase este topónimo, castelanizado, no texto do preito do Portal en 1587: « por el camino que viene de la Higuera derecho » . Na documentación relativa ás propiedades en Va- ladares do convento de San Francisco de Vigo ( Memorial cobrador de Censos , 1672, AHN) rexístrase nun composto Campo da Figueira , que debe de referirse a este mesmo lugar. No Catastro de Ensenada aparece ocasionalmente cunha variante en plural, tanto no simple coma nun composto Campo de Figueiras . Folón — — O Folón (O Freixo) O Folón é unha zona de arboredo no barrio do Freixo, dentro da área chamada O Talliño. Contén o substantivo común folón (< latín

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==