Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 128 clátor de Galicia constan trece localidades con ese nome fronte ás cin- co chamadas ( A ) Farrapa ou ( A ) Farrapada . Crese que farrapo procede dun verbo farpar ‘esgazar’, de orixe incerta, común a moitas linguas romances. En Valadares só temos constancia dun topónimo pertencen- te a esta familia léxica en A Farrapada , nome dun campiño de labor ao sur da Rabadeira, no barrio da Igrexa. Consta en Galicia Nomeada e non se rexistra noutras fontes. Feira — — A Feira (A Igrexa) A Feira nomea un núcleo de vivendas no barrio da Igrexa, xunto ao camiño de Quinta, ao norte da Devesa do Torrón. O substantivo feira (do latín feria , en orixe ‘día laborable’) é unha denominación común en galego para designar a xuntanza de xentes en día sinalado co obxecto de vender e de comprar mercadorías, así como o sitio (o campo da fei- ra ) en que se desenvolve. En moitas vilas e parroquias de Galicia foron comúns as feiras mensuais ou quincenais celebradas en d í as fixos de cada mes; eran especialmente de gando vacún ou cabalar, pero tamén se comerciaban produtos agrarios, lácteos, outros animais, apeiros de labranza, zocos..., e constituían un elemento fundamental do comercio rural. Esta actividade deixou unha considerable pegada na toponimia galega, onde atopamos medio cento de núcleos de poboación que con- teñen o substantivo feira no seu nome, con especial profusión do com- posto ( O ) Campo da Feira. En Valadares, o topónimo A Feira designou o espazo onde se celebraba a feira mensual de gando, maiormente vacún, o día 17 de cada mes, segundo se nos informa no Interroga torio do Catastro de Ensenada, nos dicionarios xeográficos de Sebastián Mi- ñano (1826-1829) e de Pascual Madoz (1845-1849), e noutras fontes.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==