Toponimia Valadares
11 A p a r r o q u i a d e V a l a d a r e s Valadares na documentación escrita Aínda que a arqueoloxía pode confirmar que o territorio estivo habi- tado desde a prehistoria, os máis antigos rexistros escritos que coñece- mos relativos a Valadares son dos últimos séculos da Idade Media. No século xii non aparece mencionada entre as freguesías do Val de Frago- so nos acordos do cabido de Tui e o seu bispo nin noutra documenta- ción eclesiástica, razón pola cal o historiador Ávila y la Cueva (II, 826) interpreta que Valadares só adquiriu a condición de parroquia autóno- ma tardiamente e que en orixe era anexa de Santa Mariña de Vincios. Con todo, as referencias que temos do século xiii permiten afirmar que xa nese tempo Valadares dispuña de igrexa parroquial. O párroco de nome coñecido máis antigo que podemos documentar é do século xiv . Na colección documental do mosteiro de Santa María de Oia hai referencias do século xii a certas propiedades ou herdades chamadas «de Valadares » ( Ualladares , 1175; hereditate mea de Ualadares , 1186), mais non temos certeza de se se refiren ao noso ou ao Valadares por- tugués de Monção, que tamén pertencía á diocese de Tui na época medieval. Na documentación galega desa época, en latín, tamén ato- pamos referencias a unha terceira freguesía co mesmo nome, no actual concello coruñés de Outes, coa advocación de San Miguel. A referencia certa máis antiga que coñecemos é un documento do século xiii do mosteiro de Oseira, en latín, onde unha nobre chamada Elvira Fernández lles arrenda en foro a Fernando Pérez de Sárdoma e ao seu fillo Domingo Fernández o casal do Pazo, en Sárdoma, e con el cantas terras posuía nesa parroquia e mais en Valadares: « quanto terra- digo hodie habeo in Valadares et in Sardoma » (1261, Oseira). Do século xiii é tamén a referencia escrita orixinal máis antiga relati- va á condición de couto , pero é dubidosa. É un documento en galego do ano 1291, transcrito noutro de 1315, conservado na colección di- plomática do convento de Sancti Spiritus de Salamanca. Nel, Estevo Fernández de Castro, pertegueiro maior da terra de Santiago, ofrece en arras para o matrimonio do seu fillo Fernando con dona Violante, filla
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==