Toponimia Valadares

127 T O P Ó N I M O S cadeas onomásticas para identificar veciños dese lugar: Julián da Vila dos Favâs . Faixa — — As Faixas (A Igrexa) — — As Faixas dos Penedos (A Igrexa) As Faixas é unha zona relativamente extensa de arboredo ao oeste da Rabadeira, no barrio da Igrexa. O topónimo parece obedecer ao fei- to de estar constituída por varias superficies de terreo estreitas e longas, a xeito de bandas horizontais. Dentro desta área atopamos unha forma individualizada, As Faixas dos Penedos (  Pena ), no extremo oeste. O substantivo faixa (< latín fasciam ‘venda, faixa’) na toponimia pode aplicarse a terreos ou a propiedades que presentan unha forma estreita e alongada. Este topónimo rexístrase no Catastro de Ensenada coas grafías Faijas, Fayjas e Faijas da Moo e describe terras de monte de primeira, segunda e terceira calidade. Falcón — — O Falcón (A Sobreira) O Falcón é o nome duns campos de labor no barrio da Sobreira, dentro da área do Padrón do Couto. Non podemos determinar se se tra- ta dun zootopónimo, en referencia á presenza, habitual ou anecdótica, da ave rapaz designada con este nome ( falcón , do latín falconem ), ou ben se estamos ante un alcume ou un apelido de propietario, da mesma orixe, que semella o máis verosímil, de termos en conta que Falcón é un apelido que se rexistra no Val de Fragoso desde a Idade Media e que na parroquia de Castrelos hai un exemplo de topónimo motivado por este apelido: A Falcoa , feminino a partir dun apelido de propietario ( A Falcoa = ‘A de Falcón’). Farrapo — — A Farrapada (A Igrexa) Os derivados do substantivo farrapo ‘anaco de tea moi gastado e roto’ adoitan designar na toponimia propiedades moi fragmentadas e, polo xeral, pequenas. É máis común a forma Esfarrapada : no Nomen -

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==