Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 126 — — Fonte dos Fabás (A Sobreira) — — A Ponte dos Fabás (A Sobreira) — — A Vesada dos Fabás (A Sobreira) O substantivo fabás é o plural de fabal , derivado colectivo de faba (< latín fabam ), coa solución propia do galego local: curral-currás , fa- bal - fabás (galego estándar currais , fabais ). Un fabal é un terreo onde abundan estes legumes do xénero Phaseolus . Non podemos saber se se refire á especie cultivada ou a calquera variedade brava ou silvestre. En Valadares, Os Fabás constitúe un dos núcleos de poboación do barrio da Sobreira. O nome designa unha zona extensa de vivendas e de terras de labor ao oeste do parque tecnolóxico, ao norte da Coma- reira. Transita a zona o chamado Camiño dos Fabás e hai alí tamén a Fonte dos Fabás , dun cano, con auga procedente de Fontefría, Mouráns e Quintián. A curta distancia atópanse as terras de labor chamadas As Vesadas dos Fabás . Algunhas fontes recollen co nome de A Ponte dos Fabás unha área da Sobreira na estrema coa parroquia de Beade; a pon- te que motiva o topónimo é probablemente a que denominan A Ponte de Quintián os veciños de Beade. Na fala local e nalgunhas fontes escritas rexístrase en ocasións este topónimo co artigo en singular (As Vesadas do Fabás, A Ponte do Fa- bás), indicio de que posiblemente deixara de percibirse coma o plural dun derivado en - al , tal como aconteceu con Carballás/Carballases (  ). No Catastro de Ensenada o topónimo Os Fabás describe o núcleo habitado e as terras de cultivo de secaño, e emprégase asemade en

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==