Toponimia Valadares

125 T O P Ó N I M O S Estramontada — — A Estramontada (As Barrocas) A Estramontada é o nome dun campo de labor no barrio das Barro- cas, ao norte das Cans, no ángulo que forma unha volta da estrada do Souto . É un topónimo escuro. Os dicionarios portugueses recollen para un adxectivo estramontado o significado de ‘perdido, desorientado’. Un verbo tramontar (< latín transmontare ) figura nos dicionarios gale- gos co significado de ‘pasar ao outro lado do monte’. Descoñecemos se algunha destas acepcións puido motivar o topónimo de Valadares, que non puidemos localizar na documentación histórica da parroquia. Qui- zais é unha alteración dun participio A Instrumentada , co significado de « rexistrada oficialmente » , a partir da acepción de instrumento como ‘documento, contrato oficial, documento notarial’ (  Carta ). Estripo — — O Estripeiro (As Barrocas) — — Fonte do Estripeiro (As Barrocas) O galego estripo é o nome do espiño albar, Crataegus monogyna , e outras especies de arbustos e de árbores da familia das rosáceas, que reciben este nome procedente do latín stirpem debido ao seu uso como patróns para enxertos. Xunto coa forma estripo tamén se emprega o derivado estripeiro co mesmo significado, mediante o sufixo corres- pondente ao latín - ariu . É un nome relativamente común na toponimia da Galicia suroccidental (en Galicia Nomeada cóntanse sesenta e oito topónimos desta familia, coa forma simple estripo ou cos derivados estripeiro e estripeiral ). Está presente na parroquia de Valadares no topónimo O Estripeiro , nome dunhas terras de monte do barrio das Barrocas, situadas ao oeste do monte Cepudo. Temos tamén unha Fonte do Estripeiro , á cal se accede desde a estrada do Zondal. Faba — — Os Fabás (A Sobreira) — — Camiño dos Fabás (A Sobreira)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==