Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 124 concello coruñés de Ortigueira constitúen os únicos exemplos de deri- vados do nome da ervellaca na nosa toponimia. Flor da ervellaca Escampado  Campo Espedrigada  Pedra Esqueiro — — O Esqueiralto (O Freixo) Coñécese como O Esqueiralto unha zona de campos de cultivo no barrio do Freixo, ao leste do Folón. Contén un composto do substanti- vo esqueiro (< latín scalarium ) e o adxectivo alto . Esqueiro é un termo común en galego que designa os chanzos feitos na vertical dun valado ou dun desnivel para subilo ou baixalo. A orografía da zona, con varios desniveis con comareiros ou muros de contención, xustifica a orixe do topónimo, aínda que non resulte doado identificar o esqueiro que o motivou.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==