Toponimia Valadares

123 T O P Ó N I M O S case a un oratorio ou igrexa pequena, polo xeral afastados dos núcleo s habitados. É un substantivo con abundante presenza na toponimia ga- lega, onde case oitenta entidades de poboación levan directamente o nome A Ermida ou ben algún composto. En Valadares está presente este nome nos topónimos A Ermida de Arriba e A Ermida de Abaixo , no barrio do Freixo, que designan uns campos de labor con algunha vivenda e conforman a área coñecida como A Ermida . A motivación do topónimo reside na súa proximidade á ermida ou á capela de San Xoán do Freixo (  ), que no pasado foi obxecto de litixios entre Valadares e a veciña parroquia de Comesaña. No Catastro de Ensenada cualifícanse como terras de labor de regadío e de secaño de segunda calidade as propiedades denominadas A Ermida e Campo da Ermida (habitualmente escrito incorrectamente cun h non etimolóxico: Hermida ); na mesma fonte tamén se denominan co caste- lanismo A Capilla outras propiedades situadas na mesma área. Empréganse igualmente de maneira alternativa as denominacións ermida ou capela para a Ermida do Monte Alba (  Alba ). Ervellaca — — A Ervellacosa (A Sobreira) A Ervellacosa ou A Ervillacosa é o nome duns campos e mais un pequeno núcleo de vivendas situados na estrema sur do parque tec- nolóxico, no barrio da Sobreira. O topónimo constitúe un derivado abundancial de ervellaca , un dos nomes galegos da especie botánica Vicia sativa , planta rubideira con flores de cor púrpura, coñecida tamén como veza ou herba da fame . A Ervellaca é propiamente unha especie ventureira, de aspecto semellante aos legumes e ás fabáceas, o que explica o seu nome derivado ervilla ou ervella (< latín erviliam ‘ch í cha- ro’, presente por exemplo no nome do núcleo chamado Os Ervillás , en Vincios) cun sufixo - aca (<  - acca ), de xeito que ervellaca viría significar algo así como ‘falsa ervella’. O sinónimo veza deu orixe ao nome do concello lugués do Vicedo . No Catastro de Ensenada e noutras fontes adoita aparecer este topó- nimo con h- inicial, seguramente por supoñelo erradamente da familia de herba : «al sitio de Hervillacosa » (CME). En Galicia Nomeada, que recolle preto de medio millón de topó- nimos, A Ervellacosa en Valadares e outro derivado A Ervellaqueira no

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==