Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 122 de labor que no Catastro de Ensenada figuran como labradío de regadío e de secaño de primeira e de segunda calidade. O mesmo composto O Campo da Eira nomea tamén outras terras de cultivo situadas no barrio das Barrocas, xunto ao Tombiño, que no Catastro de Ensenada se consideran labradío de secaño de primeira calidade. A Eira Vella ou A Eira Vella de Seoane (xunto a Seoane, no barrio da Garrida) é o nome duns campos e dun pequeno grupo de vivendas, e foi núcleo habitado xa desde antigo (  Seoane ). A curta distancia atópase A Chan da Eira , terras de cultivo, tamén con algunha vivenda, que seguramente reciben o seu nome por referencia á propia Eira Vella de Seoane. No topónimo Suaeira temos un composto coa preposición so (< latín sub ), de xeito que vén equivalendo a ‘debaixo da eira’. É o nome dun- has terras de labor no barrio do Freixo, ao sur da Cavada da Costiña. Na documentación histórica menciónase na parroquia de Valadares unha Casa da Eyra, rexistrada nun protocolo notarial de 1669 e proba- blemente localizada na Eira Vella de Seoane. No Catastro de Ensenada os topónimos que conteñen a secuencia a eira rexístranse como aira , por aglutinación do artigo á vogal inicial: Ayra da Riba, Ayra de Seoane etc., por A Eira de Arriba , A Eira de Seoane … Un derivado de eira é eirado , nome que designa superficies planas e abertas, que vén sendo un sinónimo de eira . Está presente no topónimo Os Eirados , nome dunhas terras a carón dun pequeno núcleo de viven- das ao norte da Devesa da Sobreira, no barrio deste nome. Erbreñada  Breña Ermida — — A Ermida (O Freixo) — — A Ermida de Abaixo (O Freixo) — — A Ermida de Arriba (O Freixo) — — Ermida do Monte Alba (As Barrocas) O termo ermida (< latín eremitam , derivado de eremum ‘o ermo, o de- serto’) pasou de designar a persoa (o ermitán ) ao lugar que este coidaba e habitaba, con significado equivalente ao de capela ou santuario . Aplí-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==