Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 120 aparecen atestadas no Catastro de Ensenada a Devesiña do Freixo , a Devesa de Castros e a Devesa da Lamosa que, nalgúns casos, veñen tamén descritas como terras de cultivo de regadío ou de secaño. Diabriña — — A Diabriña (O Freixo) Recibe o nome de A Diabriña unha zona habitada no barrio do Freixo, ao norte da estrada de San Xoán. Baixo a aparencia dunha for- ma emparentada co castelán diablo , temos aquí un topónimo escuro, acaso de creación relativamente recente, pois non se rexistra no Catas- tro de Ensenada, a í nda que si no Libro de afanegados como Diabriña , onde as herdades que designa veñen cualificadas como labradío de secaño de segunda calidade e de regadío de terceira. Quizais contén un sobrenome persoal formado a partir dun diminutivo feminino do castelán diablo , pero non podemos descartar outras hipóteses. Dorra do Patiño  Madorra Eido — — O Eido Vello (O Freixo, As Barrocas) — — O Eido Vello (As Barrocas) — — Fonte do Eido Vello (O Freixo) — — Sueido (O Freixo) — — O Cocho de Sueido (O Freixo) O substantivo eido (< latín aditum , participio de adire ‘engadir’) de- signaba en orixe as terras cultivadas que non eran inmediatas á vivenda (estas eran o eixido –ou enxido , na fala local de Valadares– do latín exitum ‘saído’), pero pasou a denominar calquera terreo cultivado, cun significado equivalente a, segundo os casos, agro , campo , cortiña , co- cho ou leira . Na toponimia de Valadares aparece no topónimo O Eido Vello , nome dunha extensión de arboredo e de matogueira xunto a Casouteiro, na estrema do barrio do Freixo co das Barrocas. O nome posiblemente ha referirse a terras que un día foron cultivadas e máis tarde quedaron a monte; no Libro de afanegados cualifícanse como mato as terras denominadas O Eido Vello . Hai alí unha fonte que recibe

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==