Toponimia Valadares

119 T O P Ó N I M O S Devesa é, pois, un topónimo relativo á silvicultura e á economía forestal. Entre os tipos de propiedades que se rexistran no Catastro de Ensenada ou no Libro de afanegados cualifícase como devesa (en cas - telán dehesa ) a propiedade destinada especificamente para producir madeira ou leña. As devesas deixan pegada na toponimia da parroquia: coa forma simple temos A Devesa no barrio do Portal (unha zona hoxe de campos de cultivo ao sur dos Teixugos, onde se atopa a Fonte da Mina da Devesa , á beira da estrada do Foxo) e A Devesa no barrio das Barrocas (hoxe núcleo habitado ao sur das Vesadas). O nome en diminutivo aparece tamén en dous lugares: A Devesiña , nome dunha área de arboredo na zona de Seoane, na Garrida, probablemente a que aparece no Catastro de Ensenada nomeada como Dehesa de Campo de Río , e outro topónimo idéntico, A Devesiña , que designa campos de labor xunto a Sueido, no barrio do Freixo. Máis frecuentes son os topónimos compostos, cun segundo elemento referido á localización; A Devesa da Cotarela , que nomea unha franxa de matogueira mesta na zona do mesmo nome, no Portal; A Devesa da Sobreira , unha zona de campos e de vivendas ao oeste do monte da Sobreira, á súa vez atravesada polo Camiño da Devesa ; A Devesa da Lamosa , arboredo e mato no barrio do Portal, fronte ao parque tecnoló- xico; A Devesa do Torrón , no barrio da Igrexa, xunto ao mesmo Torrón, que circunda a igrexa parroquial, e A Devesa de Castros (  Castro ), no barrio das Barrocas, ao sur dos Bértolos. Outra devesa que debeu de ser extensa en tempos pasados é a situada no barrio do Freixo, ao oeste da Galiñeira, pois acabou dando tres topónimos que abranguen unha vasta área de arboredo e de monte: A Devesa de Arriba , A Devesa de Abaixo e o Monte da Devesa . Na actualidade conserva memoria da antiga titularidade do rei o topónimo A Devesa do Rei , nome dunha zona de campos e de arbo- redo xunto a Outide da Garrida, e que debía de ser algunha das que aparecen entre as propiedades do rei no Catastro de Ensenada, onde se mencionan, baixo esta titularidade, unha « real dehesa al sitio de Sobreira » , « otra dehesa al sitio de Outide » e « más dehesa en lugar de Barreira » que linda ao sur con « dehesa de distintos vezinos » . Existían tamén os viveiros reais (  Viveiro ), de menor tamaño ca as devesas, como os de Cardoso e de Outide (un ferrado e catro ferrados, respec- tivamente, destinados ao cultivo de especies arbóreas na súa primeira etapa, como complemento das devesas). Ademais das devesas reais,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==