Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 118 — — A Devesa da Cotarela (O Portal) — — A Devesa da Sobreira (A Sobreira) — — A Devesa de Abaixo (O Freixo) — — A Devesa de Arriba (O Freixo) — — A Devesa da Lamosa (O Portal) — — A Devesa do Rei (A Garrida) — — A Devesa de Castros (As Barrocas) — — A Devesa do Torrón (A Igrexa) — — A Devesiña (A Garrida) — — A Devesiña (O Freixo) — — Camiño da Devesa (A Sobreira) — — Fonte da Mina da Devesa (O Portal) — — Monte da Devesa (O Freixo) A palabra devesa adoita designar antigos espazos forestais comu- nais (moitos acabaron en mans particulares, especialmente despois das desamortizacións do século xix ) afectados por certas restricións no seu aproveitamento destinadas a permitir o crecemento do arboredo para obter leña e sobre todo madeira. Boa parte das antigas devesas medie- vais de man común pasaron a considerarse no século xvi propiedade do rei baixo o pretexto da necesidade de fornecer de materia prima a construción naval, que incrementara exponencialmente a demanda de madeira cos descubrimentos transatlánticos e o imperio colonial. Esta circunstancia deixou pegada na toponimia co nome bastante común de Devesa do Rei ; na cartografia de Galicia Nomeada recóllense máis de setenta áreas forestais con este nome na actualidade. O substantivo devesa provén do latín tardío defensam , participio do verbo defendere ‘defender’ pero tamén ‘vedar, prohibir’, e con este sentido aplicouse a arboredos de aproveitamento restrinxido, acouta- dos e frecuentemente cerrados. No Catastro de Ensenada infórmasenos das varias devesas existen- tes en Valadares e dos ritmos do seu aproveitamento: « las dehesas de primera calidad producen y se cortan de quatro a quatro años y las de segunda de seis a seis » , e indícase cales eran as consideradas de pro- piedade real, sometidas a periódicas inspeccións. Polo que sabemos dalgunhas devesas reais da diocese de Tui, nos séculos xvi e xvii os ve - ciños ás veces non respectaban as ordenanzas porque lles compensaba vender a madeira en Portugal e pagar as multas impostas polos funcio- narios do rei de España.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==