Toponimia Valadares

117 T O P Ó N I M O S Curuxeira — — A Curuxeira (O Portal) C uruxa é o nome galego dunha ave rapaz nocturna ( Tyto alba ) re- lativamente común; é un termo de probable orixe prerromana. Son frecuentes os topónimos derivados do seu nome, aplicados non só a lugares caracterizados pola presenza destas aves, senón tamén a sitios recónditos ou de acceso difícil como os propios do hábitat das curu- xas, por exemplo núcleos habitados situados en lugares afastados ou escondidos, ocultos polo relevo ou pola vexetación. O Nomenclátor de Galicia recolle vinte e cinco entidades de poboación cos nomes de Cu- ruxeira , Curuxeiras , Curuxal etc. Non obstante, os zootopónimos relati- vos ás curuxas poden confundirse con orotopónimos dunha raíz * cor -, de orixe prerromana, como a suposta para Corme , Corcubión ou Co- ruxo . Na parroquia de Valadares, estremeira con Coruxo, non podemos descartar o emprego dun xentilicio coruxeiro , coruxeira ‘de Coruxo’, que podería consolidarse na toponimia como ocorre en A Bouzana/A Bousana/Busana ‘de Bouzas’ (  ), por referencia a propietarios veciños ou orixinarios deses lugares. Con todo, parece máis verosímil que a zona de mato, arboredo e cultivos chamada A Curuxeira , ao norte do barrio do Portal, próxima á cirvunvalación VG-20 deba o seu nome ao relevo quebrado da zona e ao significado de ‘lugar de acceso difícil, semellante ao do hábitat das curuxas’. O topónimo rexístrase no preito do lugar do Portal, do ano 1587: « el cocho da Corugeria [sic] que est á en el dho lugar do portal » . No Catastro de Ensenada consta como Cu- rujeira ou Curuxeira e cualifícase como labradío de secaño e de regadío de segunda calidade. En 1877 rexístrase como Corujeira, Coruxeira, Cruxeira , coa mesma cualificación e mais tamén coa de prado e caña - veral . Nalgunhas fontes contemporáneas o topónimo aparece en plural, Curuxeiras . Detrás da Costa  Tras Devesa — — A Devesa (O Portal) — — A Devesa (As Barrocas)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==