Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 116 curralem , derivado de currus ‘carro’, e os derivados de curro , de sig- nificado equivalente ao de curral e de probable orixe prerromana. Na toponimia galega conviven as variantes curral e corral , esta última máis característica das áreas do norte de Galicia e seguramente favorecida pola súa forma idéntica ao castelán. Na súa orixe deberon designar cercados de valados para recoller o gando. Nalgúns casos os currais poden ser cubertos, ben de colmo, ben de tella. Na documentación de San Domingos de Pontevedra relativa ás propiedades que ese convento ten en Valadares vemos referencias a « una casa de fuego en que vive el dicho Rodrigo Alonso con su corral texado y corte de ganado » ( Segun- dos traslados , 1646). O Curral ( Corral tamén en moitas das fontes escritas) é o nome dun- ha zona do barrio da Sobreira, con vivendas e terras de labor. No Ca- tastro de Ensenada figura con ese nome (ou diferenciando Curral de Abaixo e de Arriba ) e vén caracterizado como terras de labradío de regadío de segunda calidade. No libro de apeos de San Domingos de Pontevedra de 1591, entre as propiedades dese convento en Valadares menciónase o « Campo do Curral , que está cerrado y circundado sobre si, que lleva de sembradura quatro celemines » . É verosímil que sexa ese campo « cerrado e circundado » a motivación que orixinou o topónimo. Na forma de plural, na toponimia de Valadares presenta sempre a forma Currás (<  currales ), tanto na fala coma nos rexistros escritos. Os Currás é o nome dunha área de vivendas, prados e terras de labor no Carregal, sobre o túnel da circunvalación VG-20 e ao sur del. Do- cuméntase este topónimo no preito do Portal: « agua que viene de la Fuente de Seijo & de Currás » (1587). No Catastro de Ensenada e no seu Expediente de comprobación , e tamén no Libro de afanegados , as terras que levan este nome veñen cualificadas de labradío de regadío de segunda calidade. Outro topónimo idéntico, Os Currás , na Garri- da, ao sur de Seoane, figura no mapa do centro veciñal como Currás- Seoane . Un terceiro Os Currás é unha extensa área de monte ao norte do territorio parroquial, nos barrios da Igrexa e do Freixo; no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados consta como monte e toxal de primeira, segunda e terceira calidades.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==