Toponimia Valadares

115 T O P Ó N I M O S Becerro (  ), termo común en galego para designar as crías do gando vacún, é unha palabra de orixe prerromana. Cubiles  Canteira de Cuviles Cubo  Fonte Cubo Cuncha, Fonte da  Fonte da Cuncha Cura — — A do Cura (A Sobreira) — — A do Cura (O Freixo) — — A do Cura / A Casa do Cura (As Barrocas) O substantivo masculino cura (do latín curam ‘coidado, atención’) é o termo común para designar un sacerdote ou un eclesiástico. Coma outros nomes equivalentes ( abade, crego, bispo …), os topónimos en que está presente adoitan ser « topónimos de propietario » , e designan terras que nalgún momento da historia foron propiedade dun eclesiás- tico e desa circunstancia adquiriron un novo nome (previsiblemente terían outra denominación previa). En Valadares está presente en dous topónimos idénticos: A do Cura , terras de labor e vivendas na Sobreira, ao oeste de Por- vello. A do Cura , área de arboredo ao nordeste de San Xoán, no barrio do Freixo. Figura no Libro de afanegados cualificado como devesa e labra- dío de secaño de segunda e de terceira calidades. Tamén se coñece como A do Cura a vivenda reitoral (  casa), nas Barrocas. Curral / Corral — — O Curral (A Sobreira) — — Os Currás (O Carregal) — — Os Currás (A Igrexa, O Freixo) Curral ‘espazo cercado e descuberto destinado ao gando’ é un subs- tantivo común en galego, no cal conflúen o resultado do latín vulgar

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==