Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 114 Cruz — — A Cruz (As Barrocas) — — A Pedra da Cruz / As Pedras da Cruz / A Pedra da Cruz de Fon- tefría (A Sobreira) Igual ca o seu derivado cruceiro , o substantivo cruz (do latín crucem ) ten moita presenza na toponimia: o Nomenclátor de Galicia recolle máis de 140 localidades que o conteñen no seu nome. En Valadares temos as seguintes: A Cruz , área de terras de labor e de vivendas no barrio das Barrocas. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados vén definido como labradío de regadío e de secaño de primeira e de segunda calidade. Nas mesmas fontes recóllese en ocasións en plural: « sembradura de secano de segunda al sitio de Cruzes » . A Pedra da Cruz (ás veces tamén en plural, As Pedras da Cruz ) é unha área de monte na Sobreira, na estrema oriental da parroquia. Toma o seu nome do penedo que serve de marco entre os territorios de Valadares, Beade e Zamáns, que consta no Catastro de Ensenada con ese nome e tamén como A Pedra da Cruz de Fontefría . As pedras das demarcacións parroquiais remontan á Idade Media e adoitan singula- rizarse con elementos culturais de diversos tipos, desde historias ou lendas asociadas a elas ata insculturas con letras ou con cruces. Cu — — O Cu do Becerro (As Barrocas) A presenza do substantivo cu (< latín culum ) na toponimia adoita responder a diferentes motivacións; é frecuente que sirva para designar lugares cun único acceso ou camiños sen saída, como nos topónimos O Cu da Viña das parroquias de Beade e de Bembrive e outros seme- llantes (dezaoito exemplos en Galicia Nomeada: O Cu da Veiga , O Cu da Chaira , O Cu do Lugar …). Os compostos cun segundo elemento que é nome de animal ( O Cu do Lobo en Oia e en Cangas, O Cu do Porco en Xove, Lugo etc.) ás veces nomean formacións pétreas que poden suxerir unha parte da anatomía animal, mais no topónimo O Cu do Becerro , que figura na cartografía de Galicia Nomeada nas Barrocas, á beira de Mandín, cremos que tamén designa un camiño sen saída. Non se recolle este topónimo en ningunha das fontes históricas consultadas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==