Toponimia Valadares

113 T O P Ó N I M O S d unhas terras de labor, monte e arboredo no barrio do Freixo, ao norte do Esqueiralto. Cruceiro — — O Cruceiro (A Garrida) — — O Cruceiro (A Igrexa) — — O Cruceiro da Areosa (A Garrida) — — O Cruceiro do Freixo (O Freixo) — — O Cruceiro de Quinta (O Portal) — — Camiño do Cruceiro (A Garrida) Cruceiro é un derivado de cruz (  ). Na toponimia é moi común; o Nomenclátor de Galicia recolle máis de 140 localidades que conteñen o substantivo cruceiro no seu nome, e pode designar tanto unha encru- cillada de camiños coma unha cruz de pedra, ou habitualmente as dúas cousas, pois os cruceiros de pedra adoitan situarse nas encrucilladas. En Valadares recolléronse os seguintes: O Cruceiro , nome dunha zona de vivendas e de terras de labor na Garrida, entre o Alto do Trigo e a Coelleira ( « Cruceiro 1 » e « Cruceiro 2» no mapa do centro veciñal). Entre os propietarios do Libro de afane- gados consta unha María Pérez do Cruceiro . O Cruceiro é unha área de mato e de terras de labor no nordeste do barrio da Igrexa, xa preto do Portal, á beira do Cocho da Torre. O Cruceiro da Areosa é unha zona de vivendas e de terras de labor na estrada da Gándara, no barrio da Garrida. Probablemente debe o seu nome non a un cruceiro de pedra, senón a unha encrucillada de camiños; neste caso sería a do Camiño da Areosa  co chamado Ca- miño do Cruceiro. O Cruceiro do Freixo é unha área de arboredo ao nordeste do Freixo, ao sur do monte coñecido como Pomar do Marqués ou Pumar do Marqués . Deste deben de tomar o seu nome o Balcón do Cruceiro (  ) e mais o Mato do Cruceiro , área de monte e de vivendas á beira do Cruceiro do Freixo. O Cruceiro de Quinta é unha área de vivendas, terras de labor, ar- boredo e mato no barrio do Portal.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==