Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 112 rrida. A Cova ( Cova-Seixos no mapa do centro veciñal; « Cova o Cova de Seijo» no Libro de afanegados ), terras de labor no norte do barrio da Igrexa; o Catastro de Ensenada cualifica as terras situadas nese lugar como labradío de regadío e de secaño de segunda e de terceira cali- dades e como devesa, piñeiral e toxal. Outro topónimo A Cova ( Cova- Pedras no mapa) é unha área a medio camiño entre As Pedras e O Cu do Becerro, no barrio das Barrocas. En 1753 rexístrase en Valadares un topónimo A Cova da Vella ou Cova de Vella que non puidemos identi- ficar na actualidade; talvez é un dos coñecidos hoxe como A Cova ou, máis probablemente, unha alteración de A Cavada Vella (  ). Un diminutivo A Coviña denomina unha área das Barrocas, ao leste da Cacheira, con vivendas, mato e arboredo. No Libro de afanegados as terras situadas neste lugar cualif ícanse como tomada e piñeiral. En Fontecovas (  ), área de monte ao sueste de Patelas-Fonte Fría, na Sobreira, non sabemos se estamos ante unha alteración dun antigo Fonte de Covas ou Fonte das Covas , ou se é un plural secundario dun primitivo Fontecova . No primeiro dos casos estariamos ante o substan- tivo cova , no segundo, ante o adxectivo covo , cova . Un diminutivo do adxectivo covo está presente no nome O Covelo , núcleo habitado do barrio do Portal. É relativamente común na topo- nimia galega; no Nomenclátor constan un concello, cinco parroquias e 53 localidades chamadas Covelo ou O Covelo . Teñen en común a orografí a, por estaren situadas nun fondal ou nunha concavidade do terreo. O sufixo diminutivo - elo deixou de ter rendemento xa na Idade Media, substituído por - iño , de aí que se poida afirmar que o topónimo O Covelo ten polo menos oito séculos de antigüidade. No preito do Portal menciónase en 1587 un Campo do Covelo « que havia sido de Marcos de Say á ns y traía y poseía el dicho Juan da Vila » , e tamén a « heredad del Covelo que es del cabildo de Santiago » . Crego — — A do Crego (O Freixo) Crego é o resultado común galego do latín clericum ‘sacerdote’. A presenza deste nome nun topónimo pode deberse a un propieta- rio eclesiástico, como sucede con outros topónimos da parroquia que conteñen os substantivos abade , bispo ou cura . A do Crego é o nome

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==