Toponimia Valadares

111 T O P Ó N I M O S Ensenada e no Libro de afanegados vén caracterizado como monte e como tomada de segunda calidade. Outro topónimo idéntico, Coutada Grande , é unha ár ea de mato e de arboredo na estrema nordeste do barrio do Freixo, ao leste da fonte do Coello. A Coutada Nova é unha área de arboredo e de mato ao norte do barrio do Freixo, ao leste de Bouzacova. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados caracterízase como devesa de terceira. O seu nome garda seguramente relación con outro topónimo, Coutada Vella , área de monte, arboredo e mato próxima ao Pouso do Areeiro, tamén no barrio do Freixo. Nas fontes escritas rexístranse máis topónimos coutada na parro- quia, como a Coutada Longa no Carregal, As Coutadas na Sobreira e outros que non podemos localizar hoxe con precisión: Coutada da Fonte , Coutada da Mina , Coutada da Rega , Coutada de Arriba , Couta- da Nova das Vesadas etc. Un diminutivo As Coutadiñas nomea unha área de prados, mato e arboredo na Sobreira, ao oeste de Vales. Consta con ese nome no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados , onde designa varias propiedades de veciños da Sobreira e de Seoane caracterizadas como devesa, tomada, toxal ou piñeiral de segunda e de terceira calidades. Cova — — A Cova (A Sobreira, A Garrida) — — A Cova (A Igrexa) — — A Cova (As Barrocas) — — A Coviña (As Barrocas) — — Fontecovas (A Sobreira) — — O Covelo (O Portal) — — Campo do Covelo (O Portal) Cova é un substantivo común que adoita designar unha cavidade na terra, unha caverna, furna ou espenuca. É unha palabra propia do latín hispánico, diferente do latín clásico, onde se dicía cava (como nos derivados cavidade , caverna …). Ademais do substantivo cova , na toponimia é relativamente común o adxectivo covo, cova ‘cóncavo, afundido’. O substantivo está presente nos seguintes topónimos de Valadares: A Cova , área de mato e de arboredo na estrema da Sobreira coa Ga-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==