Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 110 padrón , o certo é que unicamente se aplica a este da Sobreira/Seoane, como vemos na demarcación da parroquia no Catastro de Ensenada: …principiando a la parte del Levante en el marco nombrado Piedra da Cruz de Fuente Fría confinando con dhas feligresias de Samans y Beade, sigue por el Norte dividiendo a la mencionada de Beade a dar a los marcos de Amial, Hilla y Carregal de Seixo y de este ba a dar por la parte del Poniente a los que se deno- minan Castro, Outeiro de Deus y el de Freixo, dividiendo a la de San Pedro de Matamá y de este separado la de san Andrés de Comesaña pasa a otro intitulado Marco de Areeiro del qual dividiendo la de san salvador de Corujo sigue al que se denomina Fragoselo del qual separando a la de Camos prosigue por el sur a los nombrados Castro de Brito y Mariñas y de allí dividiendo la feligresía de san- ta Mariña de Binzios a los que se dizen do outeiro de Louro, outeiro de Sobroso, Fojo, Agua longa, Cabreiros, Río de Maquías y Muíño Pequeño siguiendo por la parte de Levante camina a dar al intitulado Padrón do Couto del que ba a zerrar con el rreferido de Cruz de Fuentefría… Nese catastro e mais no Libro de afanegados , as terras situadas na área de monte denominada igualmente O Padrón do Couto , ao leste de Seoane, aparecen cualificadas como tomada, toxal ou piñeiral. O derivado coutada , en orixe participio do verbo coutar , relaciona- do con couto , tamén no sentido de ‘territorio delimitado’, aplic ó uselles a áreas de monte demarcadas e cercadas con algunha caste de cerra- mento. Algunhas das coutadas da parroquia de Valadares son presumi- blemente medievais, e documéntanse polo menos desde o século xvi (a « Coutada da Cotarela » , na Sobreira, en 1587 no preito do Portal; a « Coutada da Moscaveira que es del obispo de Tui » , no ano 1646, nos foros de San Domingos de Pontevedra etc.). A Coutada das Pitas é unha área de monte no barrio da Sobreira; pasa por ela a autoestrada de Baiona. Rexístrase co mesmo nome no Libro de afanegados : « Coutada das Pitas, Pinar,  terceira» . Pitas é un zoónimo, ‘galiñas’. A Coutada das Presas é o nome con que se coñece unha área de monte no oeste do barrio do Freixo, ao norte do Zondal. A Coutada do Cañoto é unha área de monte e de arboredo na So- breira (pasa por ela a autoestrada). A Coutada dos Pinos é unha zona de mato e de arboredo na ladeira leste do monte Alba, no barrio das Barrocas. O castelanismo pino (por piñeiro ) é indicio de que se trata de piñeiros de repoboación forestal, probablemente do século xix . A Coutada Grande é o nome duns terreos de mato e de arboredo no sueste do barrio da Sobreira. Consta con este nome no Catastro de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==