Toponimia Valadares

109 T O P Ó N I M O S Couce — — Cousides (A Sobreira) O substantivo couce (do latín calcem ‘pé’) pode designar a cañota ou a parte da cana dos cereais que queda na terra despois da sega, ou tamén a cepa, cañota ou pé dunha árbore cortada. Temos un probable derivado colectivo Coucida (do latín calc ē tam ) en plural, con alteración da vogal átona final (coma en Outide , por Outida / Outeda ) no nome de Cousides , área de terras de labor e de vivendas no barrio da Sobreira. No Libro de afanegados , Cousides vén caracterizado como labradío de regadío de terceira calidade. Couto, Coutada — — O Padrón do Couto (A Sobreira, Seoane) — — Estrada do Padrón do Couto (A Sobreira, Seoane) — — A Coutada Nova (O Freixo) — — A Coutada Vella (O Freixo) — — A Coutada das Pitas (A Sobreira) — — A Coutada das Presas (O Freixo) — — A Coutada do Cañoto (A Sobreira) — — A Coutada dos Pinos (As Barrocas) — — A Coutada Grande (A Sobreira) — — A Coutada Grande (O Freixo) — — A Coutada Nova (O Freixo) — — As Coutadiñas (A Sobreira) Un couto (do latín cautum ) é unha demarcación, un territorio deli- mitado. Na administración do Antigo Réxime, un couto era unha uni- dade xurisdicional, e a parroquia de Valadares constituía un couto de señorío laico coa condición de vila ( « villa y coto » na documentación en castelán). Na toponimia de Valadares consérvase referencia á súa antiga con- dición de couto nos topónimos que conteñen este substantivo, coma o composto O Padrón do Couto (  Padrón ), nome dunha área de monte que abrangue parte da Sobreira e de Seoane, motivado por unha das pedras ou padróns que sinalaban a demarcación do territorio do couto de Valadares. Dela tomou tamén o seu nome a Estrada do Padrón do Couto . Aínda que calquera dos marcos podería ter recibido o nome de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==