Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 108 nome de Courás ou Courás-Sobreira . Nas fontes escritas rexístrase ta- mén Courás como nome alternativo da Aforada (« A Aforada ó Courás » ) (  Aforada ) ou en compostos como Aforada-Courás , Lagoa-Courás e este mesmo Courás Sobreira . O topónimo contén un plural de coural , e este é un colectivo co sufixo correspondente ao latín - ale a partir talvez dunha raíz prerromana * cor - 'pedra' ou *caur- 'concavidade'. O resul- tado común galego dun latín medieval * coriale sería Coiral ( O Coiral é o nome dunha aldea no concello coruñés de Cesuras), pero na zona tudense e en portugués o resultado é Coural (co ditongo ou e non oi , como en lavadouro / lavadoiro ). Couso, Couselo — — Couso / Coso (As Barrocas) — — Couselo / Coselo (A Sobreira, O Portal) Couso é un topónimo relativamente común en Galicia pero de orixe pouco clara. En latín medieval rexístrase como causu . Para o diminu- tivo couselo , que tamén é o nome de certa planta común en paredes húmidas ( Umbilicus rupestris ) e mais para un feminino cousela , nome dun recipiente, tense defendido a relación etimolóxica co latín capsa ‘caixa’. Outros lingüistas consideran que ese causo medieval pode ser un cruzamento de dous termos latinos, cautum ‘couto’ e cursum ‘ca - rreira’. Tamén hai quen lle supón unha orixe prerromana. Polo regular designa unha depresión no terreo, unha área afundida respecto dos seus arredores. Un estraño topónimo Coso rexístrase como nome dunha zona de terras de labor -ao- leste de Alba de Abaixo, no barrio das Barrocas. In- terpretamos que constitúe unha alteración de Couso , con redución do ditongo - ou - ante consoante sibilante coma a que vemos no diminutivo Coselo (por Couselo ) ou en Busana , Bozana (por Bouzana  ). O Couselo / Coselo é unha área de prados, mato e arboredo á beira da avenida de Clara Campoamor, ao oeste da Carballa Seca, no ba- rrio da Sobreira lindando co Portal. Aínda que tamén podería ser un fitotopónimo relativo á presenza ou á abundancia da planta chamada couselo no lugar, parece verosímil que deba o nome á súa orografía, unha depresión do terreo, e que constitúa un diminutivo de couso . No Catastro de Ensenada rexístrase en plural e cunha variante Cousellos / Couselos .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==