Toponimia Valadares
9 A p a r r o q u i a d e V a l a d a r e s A parroquia de Valadares 2 V aladares é na actualidade unha das parroquias rurais de Vigo, situada no sur do seu termo municipal e do Val de Fragoso, xa na estrema deste co Val de Miñor. Ocupa unha extensa superficie de case 13 Km 2 , cun relevo moi accidentado pola prolongación do noroeste da serra do Galiñeiro, con cumes como o monte Alba (502 m) e O Cepudo (527 m), os puntos de maior altura sobre o nivel do mar no territorio vigués. Limita ao norte coas parroquias de Comesaña e de Matamá, ao leste con Beade e con Zamáns, e ao oeste con Coruxo, todas estas pertencentes tamén a Vigo, e ao sur coas de Chandebrito e Vincios, pertencentes a Nigrán e a Gondomar, respectivamente. Desde a Idade Media ata o século xix , Valadares constituíu un cou- to, isto é, unha xurisdición autónoma formada por unha soa freguesía, onde a persoa que exercía o señorío tiña o dereito de designar o xuíz que administraba xustiza e de presentar o párroco, ademais de percibir determinadas rendas, tributos e servizos da veciñanza. Debido á súa condición de couto de señorío laico e non eclesiástico, boa parte da documentación histórica referente ao couto de Valadares, en forma de testamentos, preitos, memoriais e executorias, é documentación rela- tiva á estirpe dos seus señores, os cales ostentaron a partir do último terzo do século xvii o título de Marqués de Valladares (instituído en 1673 con esa denominación que emprega a forma castelanizada do topónimo). Xa desde a Idade Media viñan exercendo señorío sobre os coutos de Valadares en Fragoso e de Saxamonte en Redondela e usan- do o apelido toponímico orixinado no nome do primeiro, desde polo menos o século xv coa cadea onomástica «Sarmiento de Valadares » ou outras variantes. A tradición xenealóxica do marquesado conservou co-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==