Toponimia Valadares

107 T O P Ó N I M O S das ao sur de Seoane, na Garrida, preto da estrema con Vincios, onda o Campo do Medio e Tras Camiño. O Nomenclátor de Galicia reco- lle dúas entidades de poboación chamadas A Costanza nos concellos de Maside (Ourense) e de Castro de Rei (Lugo). En Galicia Nomeada rexístrase A Constanza ou A Costanza en catorce topónimos espallados por todo o territorio. Suponse que conteñen o antropónimo feminino Constanza (< do latín constantia ), que se encontraba entre os nomes persoais femininos máis frecuentes nos séculos xvi e xviii . A Cotarela — — A Cotarela (O Carregal) — — Muíño da Cotarela (O Carregal, O Portal?) A Cotarela é unha área de arboredo, prado e mato no barrio do Carregal, entre o bucle da VG-20 e o parque tecnolóxico. No preito do lugar do Portal, menciónase no ano 1587 unha Coutada da Cotarela . No Catastro de Ensenada as propiedades situadas na Devesa da Cota- rela aparecen cualificadas como « tojal y dehesa » de segunda calidade. Tamén nomea o Muíño da Cotarela , que aproveita a auga do r ío da Barxa ou das Barxas. Este muíño parece estar en boas condicións de conservación. O topónimo ref írese á orografía: cotarela é un diminutivo de cótara , e este un derivado de coto ‘prominencia do terreo, elevación, pun- ta, curuto’, un termo de orixe prerromana, moi presente na toponimia galega, co característico sufixo átono -aro , - ara , igualmente de orixe prerromana (o mesmo de gándara ). No Libro de afanegados rexístrase unha Cotarela da Illa coa grafía « Cotarela de Hilla » (  Illa ), que corres- ponde ao mesmo lugar. Nesta mesma fonte documéntase na parroquia de Valadares un topónimo O Cotarro , con propiedades pertencentes a veciños do Calvario e da Barreira e cualificado como « dehesa y pinar » ; é outro derivado de coto co sufixo - arro , tamén de orixe prerromana. Courás — — Courás (As Barrocas) — — Courás / Courás-Sobreira (A Sobreira) Courás é o nome dunha área do barrio das Barrocas, con terras de labor, arboredo e vivendas. Repítese o topónimo na Sobreira, co

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==