Toponimia Valadares

105 T O P Ó N I M O S mada Xan Costas (  ), topónimo con frecuencia alterado en Sancostas e outras variantes ( As Angostas , As Ancostas etc.). A Costa e mais A Tomada da Costa son áreas de mato, arboredo e vivendas no Carregal, ao norte da saída oeste do túnel da vía VG-20. A Costa é tamén unha área de monte no barrio da Garrida, ao norte de Aceviñeiros. Posiblemente é o mesmo que consta no Libro de afane- gados como Costa-Pereiro . A Costa do Areeiro é o nome dunha zona de monte no Areeiro, no barrio do Freixo. No Libro de afanegados cualifícase como devesa e castiñeiral de terceira calidade; en ocasións en plural: Costas do Areei- ro , castañal de segunda. A Costa do Freixo é unha zona de monte e de arboredo ao sur das Maceiras, no barrio do Freixo. A Costa do Can é un núcleo habitado no extremo norte do barrio da Igrexa, con vivendas, terras de labor, arboredo e mato. No Catastro de Ensenada consta como terras de labor de regadío de segunda calidade. Tamén se rexistra nas cadeas onomásticas que identifican os veciños que residen nese lugar: Domingo Alonso da Costa do Can . Detrás da Costa é unha pequena zona de monte e de arboredo ao leste do Areeiro, no barrio do Freixo. A Tomada da Costa é unha área do barrio do Carregal, ao sur da Espedrigada, con cultivos, prados, arboredo e vivendas. Consta como Tomada-Costa nos mapas do centro veciñal. Na documentación escrita rexístrase o substantivo costa noutros to- pónimos de Valadares: Campo da Fonte da Costa na Garrida, A Costa de Alba , A Costa de Prado , A Costa das Armitoas , O Mato da Costa etc. Tamén é común na toponimia da parroquia o diminutivo costiña : A Costiña é unha zona de vivendas e de terras de labor na estrema dos barrios da Igrexa e do Portal. No Libro de afanegados consta como labradío de regadío de segunda. Co nome de Costiñas recóllese nalgunhas fontes a área de vivendas e de terras de labor que noutras se denomina Costiñeiras , ao nordes- te do barrio da Igrexa. No Libro de afanegados vén cualificada como devesa e souto. Costiñeiras é un topónimo insólito; aparentemente é un derivado de costiña , mais quizais é unha alteración, motivada polas condicións do relevo, dun antigo Castiñeiras (  ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==