Toponimia Valadares

103 T O P Ó N I M O S As Cortiñas son terras de labor e de vivendas entre A Senra e a Fonte da Vila, no barrio do Portal. O Catastro de Ensenada recoll ía na parroquia de Valadares outros topónimos con este substantivo: Cortiña de Paredes e Cortiña do Souto nas Barrocas, Cortiña de Arriba e Cortiña da Gándara na Garrida, Cor- tiñas na Sobreira e outros que non puidemos localizar hoxe con exacti- tude, como Cortiña da Calciña , Cortiña da Presa ou Cortiña das Cans . Cortizo — — Cortizo (As Barrocas) — — Leira dos Cortizos (O Freixo) Cortizo e cortiza (< latín cortic ĕ um , cortic ĕ am derivados de cortex ) son en galego nomes da casca ou da cortiza da sobreira, material de múltiples usos. Omasculino cortizo é, ademais, sinónimo de colmea (  Abelleira ), e designa o recipiente, comunmente feito de cortiza, onde habitan as abellas e onde fan a cera e o mel, pero en ocasións tamén se usa cortizo , igual ca os derivados corticeiro ou corticeira , para denomi- nar a árbore, a sobreira. Por outra banda, Cortizo tamén se empregou como sobrenome e apelido. Calquera destes diversos usos e acepcións de cortizo puido motivar estes dous topónimos de Valadares: Cortizo (unha área de monte e de arboredo nas Barrocas, entre As Minas e Cou- rás) e a Leira dos Cortizos (terras de labor no barrio do Freixo). Coruxeira  Curuxeira Corvos — — Os Corvos (A Sobreira) — — Coutada dos Corvos (A Sobreira) — — Tras dos Corvos (O Freixo) O corvo (do latín corvum ) é unha ave común en Galicia. Na topo- nimia tamén ten moita presenza o seu nome ou os derivados Corveiro, Corveira, Corval . En Valadares témolo nos seguintes lugares: Os Corvos , á rea de monte e de arboredo ao norte da Devesa da Sobreira, no barrio da Sobreira. Na documentación de San Domingos de Pontevedra do século xvii menciónase unha Coutada dos Corvos na

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==