Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 102 aplícaselles o mesmo nome ás terras de labor próximas (hortaliza e la- bradío de secaño e de regadío de primeira calidade) e tamén ao propio núcleo, lugar de residencia de varios veciños que en ocasións son iden- tificados co topónimo ( Domingo Pérez das Cortes , Domingo da Portela de Alba digo das Cortes …). Deste lugar toman o seu nome A Eira das Cortes , a Veiga da Eira da Cortes (noutras fontes como A Agra das Cortes ), o Río das Cortes e mais o Campo do Río das Cortes . O Río das Cortes é tamén unha denominación alternativa do lavadoiro coñecido como O Lavadouro das Cortes . Un diminutivo de corte mediante o sufixo correspondente ao latín - ic ŭ la é As Cortellas , nome de terras de labor e de arboredo no extremo nordeste do barrio do Portal, na zona do Foxo, non lonxe do parque tecnolóxico e loxístico. Cortiña — — A Cortiña da Virxe (O Freixo) — — As Cortiñas (O Portal) Os dicionarios recollen para o substantivo galego cortiña o significa- do de ‘terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pe- quenas dimensións, dedicado fundamentalmente ao cultivo de cereais, hortalizas ou patacas’ (DRAG). En orixe constitúe un diminutivo de cor- te (  ), pero o seu significado é moi diferente. Polo regular as cortiñas dedícanse a verzas ( verdura gallega ou col gallega , dise no Catastro de Ensenada) e a algún outro cultivo, en ocasións con algunha árbore froi- teira. No libro de apeos de San Domingos de Pontevedra do ano 1591 descríbesenos unha cortiña na parroquia de Valadares: « una cortiña de coles con un naranjo pequeño y dos o tres ameixeiras » . A Cortiña da Virxe ( Cortiña da Virxe-Armitoas no mapa do centro veciñal) é unha pequena área de monte e de cultivos ao oeste de Ca- souteiro, no barrio do Freixo. É posible que deba o complemento «da Virxe » ao feito de que se destinase a súa renda ou o seu produto a unha capela mariana, talvez a do monte Alba, ou ben por algunha vincula- ción coa Confraría de Nosa Señora da parroquia de Valadares, pois no Catastro de Ensenada non faltan exemplos de propiedades que pagan « réditos de censos » (unha especie de hipoteca) a esa institución parro- quial. Unha motivación semellante orixinou o topónimo A Candea (  ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==